Santiago Abella Iglesias, nado en Noia en 1845 e finado en Buenos Aires o 5 de agosto de 1913, foi un arqueólogo e escritor galego.

Traxectoria Emigrado na Arxentina. Era contrario á consideración do galego como lingua, e polemizou con Manuel Murguía e Carré Aldao. Publicou en Correo de Galicia La villa de Noya, unha historia de Noia que recolle informes do arqueólogo noiés Ramón Álvarez de la Braña. Tamén colaborou en Gaceta de Galicia. Deixou inédito o manuscrito Un año en Compostela. Finou en Buenos Aires o 5 de agosto de 1913.Nova Galicia, 23-8-1913, p. 2.

Obras Disertaciones de un estoico, 1910. Notas de un viaje a Palestina, 1910. La villa de Noya. Su historia, su topografía, sus monumentos y sus hombres ilustres, 1911. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1913 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público