O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar os deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio e que pretendía actuar na práctica como un goberno galego no exilio, lexitimado polo Estatuto de autonomía que se sometera a plebiscito en 1936, pero sen chegar a constituírse formalmente como a Xunta que prevía o propio Estatuto. miniatura|Primeira páxina da "Acta de Constitución do Consello de Galiza", Montevideo, 15/11/1944. Fundación Penzol. Historia e características A iniciativa da constitución do Consello de Galiza foi de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, influído polo pensamento de José Antonio Aguirre, o lehendakari no exilio. O seu primeiro presidente foi o propio Castelao e estaba formada ademais, nun primeiro momento, por Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Elpidio Villaverde. Posteriormente integrouse Alfredo Somoza. Tras morrer Castelao, sucedeuno na presidencia Antón Alonso Ríos. miniatura|Bandeira do consello de Galiza. Coa morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950 e o exilio de Ramón Suárez Picallo en Chile, o Consello de Galiza quedou orfo de figuras representativas. Para reactivalo os deputados Alonso Ríos, Suárez Picallo e Villaverde convocaron aos directivos das principais sociedades galegas a unha xuntanza o 11 de xullo de 1960 na sede do Centro Pontevedrés. Nesa reunión foi nomeado Antonio Alonso Pérez secretario xeral de coordinación do novo Consello de Galiza. Editaron o boletín Consello de Galiza.

Recoñecemento de Castelao como primeiro presidente O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido -simbolicamente, non oficialmente- como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia. Co gallo do 75 aniversario da morte de Castelao, o BNG, en xaneiro de 2025, propuxo que se lle dese rango legal mediante un acordo do plenario do Parlamento galego.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Co texto da Acta de Constitución do Consello de Galiza.

Villares, Ramón (2026). O Consello de Galiza. Política galega no exilio. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-611-1.

Outros artigos

Consello de Galiza (boletín) Ligazóns externas Manifesto do Consello de Galiza en xaneiro de 1970.

Categoría:Século XX en Galicia Categoría:Política de Galicia Categoría:Institucións de Galicia Categoría:Montevideo Categoría:1944 Categoría:Século XXI en Galicia Categoría:Castelao