O Bàsquet Club Andorra, coñecido por motivos de patrocinio como MoraBanc Andorra é un club de baloncesto profesional andorrano con sede na cidade de Andorra la Vella. Fundado en 1970, xoga os seus encontros como local no Poliesportiu d'Andorra, pavillón con capacidade para 5 005 espectadores. Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español.
Historia O Bàsquet Club Andorra foi fundado en 1970 co nome de Club de Bàsquet Les Escaldes, denominación que mudaría ao ano seguinte pola actual. Xogou as súas primeiras temporadas no campionato provincial de Lleida, conseguindo na temporada 1975−76 o ascenso á Primeira división autonómica. Ao ano seguinte renuncia á categoría por problemas económicos, regresando en 1980.Bàsquet Club Andorra (acb.com) O primeiro éxito importante chega na temporada 1981−82, ao proclamarse Campión de Cataluña de 2ª Categoría, logrando o ascenso á 1ª Categoría. Na temporada 1983−84 proclámase Campión de Cataluña de 1ª Categoría e logra o ascenso á 2ª División Nacional Española. A temporada 1985−86 proclámase Campión de España da 2ª División Nacional na cidade de Badaxoz e logra o ascenso á 1ª División Nacional "B". As tres seguintes temporadas proclámase Campión da liga Nacional Catalá "B", e na mesma temporada 91-92 proclámase Campión de Primeira "B" e alcanza o ascenso á Liga ACB.o Bàsquet Club Andorra. (bca.ad)
Após ascender á máxima categoría, conseguen permanecer durante catro temporadas, até que en 1996 consumo o seu descenso. Debido a problemas extradeportivos, vense obrigados a comezar novamente desde abaixo. En 2008 acadan a LEB Prata, en 2012 ascenden á LEB Ouro e finalmente en 2014 conseguen o ascenso á ACB. O ascenso foi posíbel economicamente grazas ao acordo de patrocinio co banco Morabanc. Nos seus primeiros dous anos ACB o equipo certifica unha 14ª posición. No terceiro ano, e despois de cambiar case todo o elenco, o equipo andorrano clasifícase para a Copa do Rei e os Play-offs, caendo en ambas as ocasións ante o Real Madrid en cuartos de final. Grazas a isto conseguen a súa primeira participación na Eurocup, sendo eliminados en primeira rolda cun balance de 3−7. En 2022 o equipo termina na posición 17, descendendo á Liga LEB Ouro.
Patrocinios Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Festina Andorra (1991–1996) Quick Andorra (2000–2002) River Andorra (2002–2013) River Andorra MoraBanc (2013–2014) MoraBanc Andorra (2014–presente)
Xogadores Equipo actual
Destacados
Joaquín Arcega Carlos Farfán José Luis Llorente Josep Maria Margall David Navarro Pere Práxedes Víctor Sada Jordi Trias Enrique Villalobos Francisco Zapata Thomas Schreiner Giorgi Shermadini Beka Burjanadze Georgios Bogris Thanasis Antetokounmpo Vojdan Stojanovski José "Piculín" Ortiz Eric Anderson Rickey Brown Dan Godfread Conner Henry Jerrod Mustaf Andy Toolson
Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Andorra en Liga ACB. Entre paréntese figura a súa carreira completa como adestrador do club. Edu Torres (1987−1996) Joan Peñarolla (2010−2018) Ibon Navarro (2018−presente)
Presidentes A seguinte é unha lista dos presidentes do Andorra desde a súa fundación. Magí Maestre (1970–1971) Eduard Molné (1971–1990) Carles Fiñana (1990–1994) Manel Arajol (1994–2007) Gorka Aixàs (2007–presente)
Palmarés Liga LEB Campións (1): 2014 Copa Príncipe Campións (1): 2014 Liga Catalá Campións (2): 2018, 2020 Subcampións (4): 2014, 2015, 2017, 2019
Historial thumb|David Jelínek. AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1980–81 5 1ª Autonómica 6º1981–82 5 1ª Autonómica1º1982–83 4 3ª División 5º1983–84 4 3ª División1º1984–85 3 2ª División 6º1985–86 3 2ª División1º1986–87 2 1ª División B22º 12–221987–88 2 1ª División B 20º 22–201988–89 2 1ª División 10º 15–151989–90 2 1ª División 5º 19–141990–91 2 1ª División 4º 23–181991–92 2 1ª División1º 29–121992–93 1 ACB 12º 15–18Primeira rolda1993–94 1 ACB 9º 20–12Primeira rolda1994–95 1 ACB 8º 20–20 Cuartos de final1995–96 1 ACB19º 11–31 3 Copa Korać 3–71996–97 2 LEB 4º 21–191997–98 7 3ª Autonómica1º1998–99 6 2ª Autonómica1º1999–00 5 1ª Autonómica1º2000–01 5 1ª Autonómica 18–122001–02 5 1ª Autonómica 21–112002–03 5 1ª Autonómica 17–132003–04 5 1ª Autonómica 21–92004–05 5 1ª Autonómica 26–62005–06 4 EBA 16–142006–07 4 EBA 13–132007–08 4 EBA 20–102008–09 4 EBA 23–102009–10 3 LEB Prata 6º 21–152010–11 3 LEB Prata 3º 27–14Copa LEB Prata 2º2011–12 3 LEB Prata1º 19–5Copa LEB Prata 2º2012–13 2 LEB Ouro 3º 30–10Copa Príncipe 2º2013–14 2 LEB Ouro1º 21–5Copa Príncipe 1º2014–15 1ACB 14º 12–222015–16 1ACB 14º 12–222016–17 1ACB 8º 17–18Cuartos de final2017–18 1ACB 6º 20–172 EuroCup 3–72018–19 1ACB 10º 16–18 2 EuroCup 13–82019–20 1ACB 9º 15–13Semifinais2 EuroCup 8–82020–21 1ACB 9º 17–192 EuroCup 6–102021–22 1ACB 17º 11–232 EuroCup 12–7
Uniformes A seguinte é unha lista dalgúns uniformes que ten vestido o Andorra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Andorra Perfil do Andorra en acb.com
Categoría:Equipos da ACB Andorra Categoría:Andorra la Vella