55 Cancri f (abreviado 55 Cnc f e tamén coñecido coma Rho1 Cancri f) é un planeta extrasolar a preto de 41 anos luz de distancia da Terra, na constelación de Cangrexo. 55 Cancri f é o cuarto planeta coñecido (en orde de distancia) da estrela 55 Cancri e o primeiro planeta en te-la designación de "f".
Descubrimento miniatura|left|275px|Variacións da velocidade radial ó longo do tempo de 55 Cancri causadas pola presenza de 55 Cancri f.
A presentación inicial deste planeta ocorreu nunha reunión da Sociedade Astronómica Americana en abril de 2005, pero, con todo, teríase que esperar máis de dous anos e medio antes de que o descubrimento do planeta fose revisado e publicado nun xornal. É o primeiro planeta coñecido fóra do noso sistema solar que ten toda a súa órbita no que os astrónomos chaman a "zona habitable". Ademais, o descubrimento fixo de 55 Cancri a primeira estrela (á parte do Sol) coñecida por ter, polo menos, cinco planetas.
Órbita e masa 200px|miniatura|left|A órbita de 55 Cnc f comparada coa órbita de Venus (0,72AU).
55 Cancri f está a unhas 0,781 UA de distancia respecto da estrela e lévalle 260 días facer unha órbita completa. Unha limitación do método da velocidade radial empregado para detectar 55 Cancri f é que só se pode obte-la masa mínima, nese caso, unhas 0,144 veces a masa de Xúpiter, ou a metade da masa de Saturno. Baixo un modelo Kepleriano dos datos da velocidade radial de 55 Cancri A indica que a órbita é circular, incluso cambiando o valor nun intervalo entre 0 e 0,4 non altera significativamente a estadística de Pearson do modelo, así pois, presupónselle unha excentricidade de 0,2 ± 0,2. Nun modelo newtoniano que computa tamén as interaccións entre os planetas, a excentricidade sae como 0,0002, case perfectamente circular.
Observacións astrométricas feitas co telescopio Hubble suxiren que o planeta exterior 55 Cancri d está inclinado 53° respecto do plano do ceo. Os planetas internos 'b' e 'e' están inclinados a 85°. A inclinación de 'f' é descoñecida.
Características Xa que o planeta foi detectado indirectamente a través de observacións da súa estrela, propiedades tales coma o seu raio, composición e temperatura son descoñecidas. Cunha masa a metade cá de Saturno, 55 Cancri f é probable que sexa un xigante gasoso sen superficie sólida. Orbita na chamada "zona habitable", o que significa que podería existir auga líquida na superficie nalgunha das súas posibles lúas.
Non se sabe se a súa composición e a súa aparencia é máis semellante á de Saturno ou á de Neptuno. Baseándose na súa temperatura, debería ser un planeta tipo Sudarsky Clase II, cuberto de nubes de auga.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:55 Cancri