Mateo Segade Bugueiro, tamén coñecido como Mateo de Segade Lazo de Bugueiro, nado en Traseirexe (San Roman, Santiso), bautizado o 20 de outubro de 1605, e finado en Murcia o 28 de agosto de 1672, foi un bispo católico galego. Traxectoria Realizou os seus primeiros estudos en Melide, onde despois fundou a Obra Pía de Santo Antonio. Dende 1629 foi colexial de Fonseca e graduouse como bacharel, licenciado e doutor en 1634. Nese ano tamén foi maxistral de Astorga. Foi catedrático de Prima Filosofía, Lóxica e Sagradas Escrituras en Valladolid, maxistral de Toledo e capelán maior e conselleiro de Estado. Foi arcebispo de México e bispo de Cartaxena e Murcia.
Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía Mateo Segade Bugueiro (liña materna)
Categoría:Nados en Santiso Categoría:Nados en 1605 Categoría:Finados en 1672 Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos