Gong Li (en chinés 鞏俐), nada en Shenyang (República Popular da China) o 31 de decembro de 1965, é unha actriz chinesa que desde 2008 ten a nacionalidade singapurense. Obtivo o recoñecemento internacional polas súas colaboracións frecuentes co director chinés Zhang Yimou e gañou a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia na categoría de mellor actriz polo seu desempeño na película de 1992 Qiu Ju da guan si. É recoñecida como unha das celebridades responsables da popularidade do cine chinés en Europa e América do Norte. En 2006 foi votada como a muller máis fermosa da China.

Desde moi nova quixo ser actriz, e na escola destacou no canto e a danza, ata o punto de chegar a excluír outras materias. A pesar de ser suspendida nos exames en dúas ocasións foi aceptada na Escola Central de Arte Dramática de Pequín, onde se graduó. Era aínda estudante cando o director Zhang Yimou escolleuna en 1987 para o papel protagonista na súa primeira película como director, Hong gao liang, coa que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín.

Gong gañou numerosos premios polo seu desempeño como actriz; gañou o Premio do Círculo de Críticos de Cinema de Nova York na categoría de mellor actriz de repartición polo seu traballo no filme Adeus á miña concubina (1993) e o Premio do Consello Nacional de Crítica de Cinema na mesma categoría por Memorias dunha gueixa (2005). Gañou ademais dous premios Golden Rooster, un premio Hundred Flowers e un trofeo no Festival de Cannes. Ademais das mencionadas, Li apareceu noutras producións cinematográficas notables como Ju Dou (1990), Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà (1991), 2046 (2004), Miami Vice (2006) e Hannibal Rising (2007).

Li especialízase en personificar mulleres con personalidades contrapostas entre o ben e o mal.

Traxectoria Gong Li naceu na cidade chinesa de Shenyang (Liaoning). Creceu en Jinan, a capital da provincia de Shandong. Desde moi nova quixo ser actriz, e na escola destacou no canto e a danza, ata o punto de chegar a excluír outras materias. Malia ser suspendida nos exames en dúas ocasións, foi aceptada na Escola Central de Arte Dramática de Pequín, onde se graduou. Era aínda estudante cando Zhang Yimou a escolleu en 1987 para o papel protagonista na súa primeira película como director, Hong gao liang ("Sorgo vermello"), coa que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín.

Desde entón, Gong Li foi unha das actrices con máis éxito na historia da China, cunha fama que transcendeu as fronteiras do país asiático. O seu traballo foi recoñecido con premios como os do Festival Internacional de Cinema de Venecia e o do Círculo de Críticos de Cine de Nova York. Ademais de actuar, é unha cantante excepcional, como demostrou en Shanghai Triad. En xuño de 1998 obtivo a Orde das Artes e as Letras.

Seguiu protagonizando os filmes de Zhang Yimou ata mediados dos anos noventa. Ao longo da súa colaboración, xerouse un escándalo debido a que eran amantes, malia que Zhang estaba casado. Romperon en 1995, e Gong Li casou cun magnate do tabaco de Singapur chamado Ooi Hoe Soeng ao ano seguinte. A única aparición de Gong Li no cine de Hollywood limitábase á película Chinese Box (1997); con todo, na década do 2000 participou en máis producións estadounidenses como Memorias dunha gueixa en 2005, Miami Vice, en 2006 e Hannibal Rising en 2007. Volveu traballar con Zhang Yimou no 2006 con Mǎnchéng jìndài huángjīnjiǎ ("A maldición da flor dourada") e no 2014 con Guīlái ("Regreso á casa").

O 16 de outubro de 2000, Gong Li foi nomeada Embaixadora de Boa VontadeConoce a los Embajadores de Buena Voluntad "Gong Li" Gong Li dille aos fanáticos que se anoxen e se unan á loita contra a fame da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Filmografía Ano Título original Título galego Papel Observacións 1987 Hong gao liang Avoa de My 1989 Xi tai hou Guilian 1989 Hoi sam gui miu ba 1989 Daihao Meizhoubao 1990 Qin yong 1990 Ju Dou Ju Dou 1991 Du xia II: Shang Hai tan du sheng Yu-San / Yu-Mong 1991 Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà Songlian 1992 Qiu Ju da guan si Qiu Ju 1992 Meng xing shi fen Ma Li 1993 Adeus á miña concubina Juxian 1993 Tang Bohu dian Qiuxiang Chen Heung 1994 Xin tian long ba bu zhi tian shan tong lao Mo Han-Wen 1994 Hua hun Pan Yuliang 1994 Huozhe Xu Jiazhen 1994 Xi chu bawang Lu Zhi 1995 Yao a yao yao dao waipo qiao Xiao Jingbao 1996 Feng yue Pang Ruyi 1997 Chinese Box Vivian 1998 Jing Ke ci Qin Wang Lady Zhao 2000 Piàoliang māma Sun Liying 2002 Zhou Yu de huo che Zhou Yu 2004 2046 Su Li-zhen 2004Eros Miss Hua no episodio The Hand 2005 Memoirs of a Geisha Memorias dunha gueixa Hatsumomo 2006 Miami Vice Isabella 2006 Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ Emperatriz Fénix 2007 Hannibal Rising Lady Murasaki 2010 Shanghai Anna Lan-Ting 2011 Wo Zhi Nu Ren Xin Li Yi-Long

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cine da China

Ligazóns externas Galería de fotos de Gong Li Gong Li en chinesemov.com Gong Li fan site Gong Li Biografía e filmografía

Categoría:Actores da China Categoría:Nados en 1965