miniatura|300px|A selección canadense celebrando o campionato. O torneo feminino de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Sochi 2014 celebrouse na cidade de Sochi (Rusia). A competición comezou o 8 de febreiro de 2014 e finalizou o 20 de febreiro coa disputa da final. Ao final do campionato, a selección do Canadá fíxose co ouro despois de derrotar na final ao combinado estadounidense por 3 goles a 2, conseguindo deste xeito o seu cuarto ouro consecutivo no torneo olímpico feminino de hóckey sobre xeo dende a súa inclusión en Nagano 1998; por outra banda, a selección suíza conseguiu o bronce logo de vencer na final de consolación ao equipo sueco por 4 goles a 3.

Cualificación A cualificación para o torneo feminino dos Xogos Olímpicos de 2014 determinouse mediante a Clasificación Mundial da IIHF despois do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2012. Os cinco mellores equipos clasificáronse automaticamente para os Xogos Olímpicos, Rusia clasificouse automaticamente como organizador, e o resto de equipos tiveron a posibilidade de clasificar para os outros dous postos nos Xogos Olímpicos. Logo do torneo de cualificación, Alemaña e o Xapón sumáronse aos seis equipos xa clasificados.

Equipos

Grupo AGrupo B Canadá Finlandia Suíza Estados Unidos Rusia Suecia Alemaña Xapón

Xuíces A IIHF seleccionou seis árbitros e nove liñas para os Xogos Olímpicos de 2014. Foron as seguintes:

Árbitros Erin Blair Melanie Bordeleau Jay Cheverton Anna Eskola Nicole Hertrich Aina Hove Jaq Long Joy Tottman

Liñas Therese Bjorkman Denise Caughey Stephanie Gagnon Charlotte Girard Alicia Hanrahan Laura Johnson Michaela Kúdeľová Ilona Novotná Zuzana Svobodová

Preliminary round Formato Os catro mellores equipos de acordo coa Clasificación Mundial da IIHF de 2012, Canadá, Estados Unidos, Finlandia e Suíza, competiron no Grupo A, mentres que os outros catro equipos competiron no Grupo B. Os dous mellores equipos do Grupo A clasificáronse de xeito directo para as semifinais. Nos cuartos de final, o terceiro clasificado do Grupo A xogou fronte ao segundo clasificado do Grupo B, mentres que o cuarto clasificado do Grupo A o fixo contra o primeiro clasificado do Grupo B. Os gañadores accederon ás semifinais, mentres que os dous perdedores, e o terceiro e cuarto clasificados do Grupo B, competiron polos postos 5º a 8º. Este formato foi introducido para crear partidos máis competidos en resposta ás avultadas vitorias do Canadá e os Estados Unidos no torneo de 2010, cando derrotaron aos seus competidores por 86 a 4. Este formato é tamén empregado no Campionato do Mundo feminino dende 2012.

Criterios de clasificación En cada grupo, os equipos foron clasificados de acordo co seguinte criterio:

Número de puntos (3 puntos pola vitoria no tempo regulamentario, 2 puntos pola vitoria na prórroga - overtime - ou por shootout, 1 punto pola derrota na prórroga ou por shootout, 0 puntos pola derrota no tempo regulamentario). No caso de que dous equipos empaten a puntos, o resultado no partido que os enfrontara determina a súa clasificación. En caso de que tres ou catro equipos empaten a puntos, aplicarase o seguinte criterio (se, logo de aplicar un criterio, só dous equipos manteñen o empate, o resultado do partido que os enfrontara determina a clasificación): Puntos obtidos no enfrontamento directo entre os equipos implicados. Diferenza de goles nos enfrontamentos directos entre os equipos implicados. Número de goles anotados nos enfrontamentos directos entre os equipos implicados. Se tres equipos continúan a estar igualados, o resultado dos enfrontamentos directos entre cada equipo implicado e outro equipo do grupo (puntos, diferenza de goles, goles anotados). Clasificación segundo a Clasificación Mundial da IIHF en 2012.

Todos os horarios son no horario (UTC+4).

Grupo A EquipoPXVOTWOTLDGFGCGDPts Canadá 3 3 0 0 0 11 2 +9 9 Estados Unidos 3 2 0 0 1 14 4 +10 6 Finlandia 3 0 1 0 2 5 9 −4 2 Suíza 3 0 0 1 2 3 18 −15 1

Grupo B EquipoPXVOTWOTLDGFGCGDPts Rusia 3 3 0 0 0 9 3 +6 9 Suecia 3 2 0 0 1 6 3 +3 6 Alemaña 3 1 0 0 2 5 8 −3 3 Xapón 3 0 0 0 3 1 7 −6 0

Rolda final Do 5º ao 8º

Semifinais (5º ao 8º)

Partido polo 7º posto

Partido polo 5º posto

Loita polo título

Cuartos de final Os dous mellores equipos (A1 e A2) foron exentos e foron os equipos locais nas semifinais, ás que avanzaron de xeito automático.

Semifinais Os cabezas de serie A1 e A2 foron os equipos locais.

Partido polo 3º posto

Final

Clasificación PostoEquipo 15px Canadá 15px Estados Unidos 15px Suíza 4 Suecia 5 Finlandia 6 Rusia 7 Alemaña 8 Xapón

Estatísticas Líderes de anotación A seguinte lista amosa ás mellores xogadoras en puntos e goles:

Xogadora PX G A Pts +/− PIM POS Michelle Karvinen 6 5 2 7 +4 4 F Pernilla Winberg 6 3 4 7 +3 2 F Amanda Kessel 5 3 3 6 +8 0 F Hilary Knight 5 3 3 6 +1 6 F Kendall Coyne 5 2 4 6 +8 2 F Brianna Decker 5 2 4 6 +8 6 F Yekaterina Smolentseva 5 2 4 6 0 2 F Alexandra Carpenter 5 4 1 5 −1 2 F Franziska Busch 5 3 2 5 −4 2 F Marie-Philip Poulin 5 3 2 5 +6 0 F PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/− = Plus/Minus; PIM = Penalties in Minutes; POS = Position Fonte: IIHF.com

Mellores porteiras Só as cinco mellores porteiras, baseándose na porcentaxe de paradas, que tiveron xogado alo menos o 40% dos minutos do equipo, están incluídas na seguinte lista:

Xogadora Min GC GAA SA % SO Shannon Szabados 187:30 3 0.96 65 95.38 1 Viona Harrer 180:00 6 2.00 96 93.75 1 Noora Räty 358:57 13 2.17 183 92.90 1 Valentina Wallner 269:16 13 2.90 152 91.45 1 Anna Prugova 265:46 9 2.03 105 91.43 0Min = Minutos totais no xeo (minutos:segundos); SA = Disparos en contra; GA = Goles en contra; GAA = Media de Goles en Contra; % = Porcentaxe de paradas; SO = Shutouts Fonte: IIHF.com

Recoñecementos All-Stars dos medios: Porteira (G): Florence Schelling Defensas (D): Megan Bozek, Jenni Hiirikoski Atacantes (F): Amanda Kessel, Meghan Agosta-Marciano, Hilary Knight Most Valuable Player (MVP): Florence Schelling Recoñecementos persoais outorgados pola dirección do torneo: Mellor porteira: Florence Schelling Mellor defensa: Jenni Hiirikoski Mellor atacante: Michelle Karvinen

Notas

Categoría:Hóckey sobre xeo nos xogos Olímpicos de Inverno de 2014