Cástor Méndez Brandón, nado en Xinzo de Limia en 1864 e finado en Celanova o 29 de xaneiro de 1920, foi un avogado, poeta, barítono e político galego.
Traxectoria Estudou a carreira de Dereito en Madrid. Iniciouse como cantante lírico en 1892 e debutou como barítono no Teatro Real de Madrid en 1895. Publicou algúns poemas en La Voz de Celanova. Foi Xuíz suplente de Celanova (1914), director de El Eco de Celanova e alcalde de Celanova (1919). Finou en Celanova o 29 de xaneiro de 1920.La Región, 30-1-1920, p. 2.El Orzán, 4-2-1920, p. 2.
Obras Canciones y poesías gallegas (1908) Conferencia dada en el Ateneo de Madrid sobre Canciones gallegas (1908)
Os meus lurciños (1908)
Frangullas (1910)
Celanoverías (1913)
Notas
Véxase tamén Bbibliografía
Categoría:Barítonos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alcaldes de Celanova Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos