Ruaille-Buaille é un grupo musical vasco de música folk e tradicional, fundado no ano 2005 en Barakaldo (Biscaia).
Traxectoria O nome pronúnciase "Rula-Bula" e úsase en gaélico irlandés para describir o ambiente animado dos bares.
Ruaille-Buaille naceu pola unión de músicos de ampla traxectoria na música folk. O grupo tivo desde os comezos unha fortísima influencia do folk irlandés e un marcado carácter acústico. Porén o grupo foi evolucionando e definindo o seu propio estilo musical, bebendo doutras fontes axenas á cultura irlandesa coma a galega, balcánico e por suposto vasca, introducindo tamén bases rítmicas, batería e baixo eléctrico. O grupo resultou gañador no Proxecto Runas 2013 do Festival Internacional do Mundo Celta.
Orixinalmente, os membros do grupo eran 5 mais por mor da interrupción causada pola pandemia da COVID-19, a maioría dos membros da banda decidiron deixala. Porén os membros Duncan Bennet e Beltza Aveleira decidiron continuar, cun novo proxecto, baixo o nome de RULA, e atraeron a dous novos membros: Iker Lope de Bergara e Marce Elorza.
Discografía.. /´ru:lә `bu:lә/ (pronounced "rula-bula") (2009) Blue Jig (2011) 'Bon Temps, Ruaille? (2014)
Compoñentes Aitor Gorostiza - Low e Tin whistles, harmónica, Alboka e Didgeridoo. Alberte Sanmartín - Gaita galega, Uilleann Pipes, Low e Tin Whistles. Duncan Bennett - Voz e guitarra acústica. Jon Hanni Iribar - Batería. Luís M. Aveleira Beltza'' - Baixo eléctrico. Mario Martín - Violín. Xurxo Gago - Percusión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Concerto: Ruaille-Buaille - Runas 2013 en YouTube
Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais formados en 2005 Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos musicais de folk