O distrito de Moyo é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como moitos outros distritos, o seu nome provén da súa cabeceira, Moyo. Limita co Sudán do Sur polo norte e leste, co distrito de Adjumani polo sur, a través das augas do Nilo Branco, e co distrito de Yumbe polo oeste. Os estados sur-sudaneses de Ecuatoria Central e Ecuatoria Oriental forman o límite setentrional, existindo unha estrada entre Moyo e Kajo Keji, de Ecuatoria Central. A capital de Moyo atópase aproximadamente a uns 455 km, por estrada, ao noroeste de Kampala, a capital e maior cidade de Uganda.

Como na maioría dos distritos de Uganda, a agricultura é o alicerce principal da economía. O Nilo Branco é a principal fonte de peixe do distrito. Alén da gandaría, a apicultura, para producir mel, está gañando popularidade no distrito.

En tempos recentes o distrito sufriu a segunda guerra civil sudanesa, levada a cabo ao norte, e a insurxencia do Exército de Resistencia do Señor fixo da estrada ao sur cara a Kampala perigosa. O distrito ten albergado a numerosos refuxiados sudaneses. A acordo de paz do 2005 así como a diminución da actividade do LRA trae esperanzas a este lugar.

A poboación de Moyo segundo o censo do ano 2002 é dunha estimación de 199.900 persoas, sendo o 48,8% mulleres e o 51,2% varóns. Mais en toda a década do 2000, o Distrito Moyo experimentou en rápido crecemento de poboación, principalmente de refuxiados do Sudán do Sur. Tras a paz, pois o problema dos refuxiados diminuíu. Estímase que a poboación do distrito no 2010, era de aproximadamente 253.200 habitantes, tal como segue na táboa:

{| style="font-size:100%;" |- | width="100%" align="center" | Poboación do distrito de Moyo |- valign="top" | Ano Poboación estimada2002199.9002003205.9002004212.1002005218.4002006225.0002007231.7002008238.7002009245.9002010253.200

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Moyo District at Ugandatravelguide.com About Infrastructure in Moyo and Neighboring Districts

Moyo