O distrito de Abim é un distrito da Rexión Norte de Uganda. O seu nome provén de Abim, a súa poboación capital.
Limita co distrito de Kotido polo norte e leste, co distrito de Napak polo sueste e sur, co distrito de Otuke polo suroeste e co distrito de Pader polo oeste. Abim, a capital, atópase aproximadamente a 140 km ao noroeste de Moroto, a maior poboación da rexión.
O distrito de Abim entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2006. Anteriormente, era coñecido como Labwor County dentro do distrito de Kotido. O distrito componse de (5) sub-condados e un concello, Abim Town Council. Posúe unha área de 2.337 km2. O distrito forma parte da rexión de Karamoja, lar dun millón de karimojong. Esta rexión componse dos seguintes distritos: Distrito de Abim Distrito de Amudat Distrito de Kaabong Distrito de Kotido Distrito de Moroto Distrito de Nakapiripirit Distrito de Napak
Abim posúe unha terra de sabana, caracterizada por unha estación quente (moi quente) que vai de decembro a febreiro.Profile of Abim District
Segundo o censo do ano 2002 o distrito tería unha poboación estimada de 58.600 habitantes. No ano 2009, a poboación do distrito estimábase en 83.700 habitantes.Estimated Population of Abim District in 2009 Usando estes datos, o crecemento anual de poboación no distrito é do 5,2%, o que dá o que segue:
Poboación do distrito de AbimAno Poboación (estimación)Índice de crecemento200258.6005,2%200361.6005,2%200464.8005,2%200568.2005,2%200671.8005,2%200775.5005,2%200879.4005,2%200983.6005,2%201087.9005,2%201192.5005,2%201297.3005,2%
A agricultura de subsistencia, así como a gandaría, son as principais ocupacións da poboación do distrito. Tamén se practica a caza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Abim