Matteo Renzi, nado en Florencia o 11 de xaneiro de 1975, é un político italiano, primeiro ministro desde o 22 de febreiro de 2014, foi alcalde de Florencia desde 2009 ata 2014 e mais é o líder do Partido Democrático tras vencer as primarias do 8 de decembro de 2013.
Traxectoria Fillo de Laura Bovoli e Tiziano Renzi, antigo concelleiro na localidade de Rignano sull'Arno entre 1985 e 1990 pola Democracia Cristiá,. Estudou dereito na Universidade de Florencia rematando estudos en 1999 coa tese Amministrazione e cultura politica: Giorgio La Pira Sindaco del Comune di Firenze 1951-1956. Membro dos scout dirixiu a revista Camminiamo insieme, e traballou para a firma CHIL Srl, sociedade de servizos de mercadotecnia propiedade da súa familia sobre todo coordinando o servizo de venda de La Nazione na área florentina.
Carreira política Primeiros anos Renzi entrou en política cando estudaba no instituto. En 1996 contribuíu no nacemento do Comité de apoio a Romano Prodi na Toscana entrando no Partido Popular Italiano, converténdose no seu secretario provincial en 1999 . No ano 2001 era o coodinador de La Margherita en Florencia e secretario provincial en 2003.
Presidente da provincia de Florencia Entre os anos 2004 e 2009 foi o presidente da provincia de Florencia; nas eleccións do 12 e 13 de xuño de 2004 logrou o 58,8% dos votos, á cabeza dunha coalición de centro-esquerda, durante o seu mandato diminuíu as taxas provinciais, o persoal e os cargos do ente florentino, aínda que en 2012 o tribunal de contas da Toscana condenouno por un desfase contable nos gastos de representación de 50.000 euros, que Renzi atribuíu a cuestións técnicas
Alcalde de Florencia 200px|miniatura|Matteo Renzi durante unha inauguración no ano 2009 O 29 de setembro de 2008 presentou a súa candidatura ás primarias do centro-esquerda á alcaldía de Florencia, logrando o 40,52% dos sufraxios e vencendo ao candidato oficial, deputado e responsable de relacións internacionais do PD Lapo Pistelli que quedou co 26,91% dos votos..
Nas eleccións municipais do 9 de xuño de 2009 Renzi obtivo o 47,57% contra o 32% do candidato do centro-dereita Giovanni Galli, con quen vai á segunda volta, gañando as eleccións do 22 de xuño co 59,96% dos votos. Pouco despois entrou a formar parte da dirección do PD, alcalde popular algunhas sondaxes amósano no ano 2010 como o alcalde máis querido de Italia .
O 6 de decembro de 2010 Matteo Renzi reuniuse na vila privada do entón primeiro ministro Silvio Berlusconi, para "discutir algúns termos legais da administración de Florencia", tras coñecerse a noticia provocou polémica entre os seus seguidores.
So a súa dirección, Florencia foi a primeira gran cidade italiana en aprobar un plano de ordenación urbana de volume cero, que só permite construír edificios novos demolendo igual volume de edificios vetustos, e a peonalización de coñecidos lugares da cidade como a Piazza de' Pitti.
O movemento dos "rottamatori" miniatura|200px|Matteo Renzi co parlamentario do PD Matteo Richetti en 2012 O 29 de agosto de 2010 lanzou a idea coñecida como «rottamazione» (reciclaxe) dos dirixentes tradicionais do PD, e do 5 ao 7 de novembro seguinte organizou con Giuseppe Civati e Debora Serracchiani unha asemblea en Florencia baixo o lema Prossima Fermata: Italia (Próxima parada: Italia), que contou con 800 intervenientes e 6800 partipantes, e da que saíu o manifesto do "renzismo": a Carta di Firenze.
Entre os principais apoio do grupo dos "rottamatori" salientan o presidente da asemblea lexislativa de Emilia-Romagna Matteo Richetti, o deputado da asemblea de Sicilia Davide Faraone, o conselleiro rexional lombardo Giuseppe Civati, os senadores Andrea Marcucci, Roberto Della Seta, Francesco Ferrante, Pietro Ichino, Luigi Lusi e os deputados Luigi Bobba, Giuseppe Civati, Roberto Giachetti, Maria Paola Merloni, Ermete Realacci e Giuseppina Servodio.
Primarias de 2012 miniatura|200px|Matteo Renzi no European University Institute en 2012 O 13 de setembro de 2012 presentou oficialmente a súa candidatura ás eleccións primarias do centro-esquerda, en pugna co secretario do PD Pier Luigi Bersani, o presidente de Puglia e de Esquerda Ecoloxía Liberdade Nichi Vendola, a conselleira da rexión do Véneto Laura Puppato (PD) e o concelleiro de Milán Bruno Tabacci (Alianza por Italia).
Na primeira volta das primarias o 25 de novembro de 2012 Renzi logrou o 35,5% dos sufraxios, o segundo logo de Bersani que tivo o 44,9% . Na segunda volta, o 2 de decembro, quedou co 39,1% contra o 60,9% do secretario do PD.
Críticas miniatura|200px|Matteo Renzi durante a campaña das primarias en 2012 A candidatura de Renzi foi obxecto de polémica no seo do PD, e contestada por varios dirixentes, como Rosy Bindi e Massimo D'Alema, e do presidente de Esquerda, Ecoloxía e Liberdade Nichi Vendola.
Pero a contestación máis forte veu de Stefano Fassina, responsable de economía do PD, que acusou a Renzi de copiar algúns puntos do programa de Bersani, o que Renzi replicou que o seu programa era anterior ao do secretario do PD.
Primarias de 2013 Nunha entrevista publicada o 9 de xullo de 2013 a La Repubblica anunciou a súa intención de presentar a súa candidatura a secretario nacional do PD.
Ademais dos apoios que tivera nas primarias de 2012 recibiu os de Dario Franceschini e da súa corrente Area Democratica (Marina Sereni, Piero Fassino e David Sassoli, mais tamén asinaron a presentación da súa candidatura algunhas figuras consideradas próximas ao primeiro ministro Enrico Letta, como Gianni Dal Moro, Francesco Sanna, Francesco Boccia, Lorenzo Basso e Enrico Borghi.
Os contrincantes de Renzi foron Gianni Cuperlo, deputado e exsecretario da Federación Xuvenil Comunista Italiana e Giuseppe Civati, deputado e exconselleiro rexional na Lombardía.
O 8 de decembro de 2013 resultou elixido secretario do Partito Democrático co 67,5% des votos, proclamándose oficialmente o 15 de decembro no decurso da nova asemblea electa do PD.
Presidente do Consello de Ministros (febreiro de 2014- decembro de 2016) A raíz destas primarias, o partido pediu o seu nomeamento como presidente do Consello de Ministros, en substitución de Enrico Letta, membro tamén do PD. Dimitido Letta, Renzi xurou o seu cargo o 22 de febreiro de 2014. Con 39 converteuse no presidente do Consello máis novo da Italia republicana. Renzi lanzou un goberno especialmente preocupado por reformar o funcionamento da estrutura política do país. Propuxo a revisión das atribucións das rexións, a abolición do bicameralismo para reforzar o papel do parlamento e, sobre todo, propuxo unha reforma da lei electoral. Para estes fins, buscou o apoio do centrodereita, en particular de Silvio Berlusconi.
Como a proposta de reforma da lei electoral non acadaba a maioría suficiente na Cámara, Renzi impulsou un referendo. Celebrouse o 4 de decembro de 2016 cunha participación do 65% do electorado. O Si acadou nada máis o 41% dos sufraxios. Como resultado desta clara derrota, Renzi presentou a súa dimisión, sendo relevado o 12 de decembro por Paolo Gentiloni.
Abandono do Partito Democrático e fundación de Italia Viva Despois de abandonar o cargo de primeiro ministro, Renzi abandonou tamén a secretaria do PD. Con todo volveu ser reelixido en primarias. Tralos desastrosos resultados do PD nas eleccións de marzo de 2018 presentou novamente a súa dimisión. En setembro de 2019 lanzou un novo proxecto político, Italia Viva, que se integrou con dúas ministras no goberno de Giuseppe Conte. Foi precisamente a retirada destas dúas ministras do goberno a que provocou a caída de Conte en febreiro de 2021. A impresión de que Renzi actuou unicamente movido por intereses de partido pon en dúbida o seu futuro político.
Posicións políticas miniatura|200px|Matteo Renzi nunha conferencia en 2010 Renzi tense declarado favorable ao recambio xeracional da clase dirixente, por medio de eleccións primarias, e amósase partidario de reducir o custo da política, con algunhas medidas como a eliminación dunha das dúas cámaras, a abolición do financiamento público dos partidos, a elección directa dos políticos polos cidadáns, a abolición dos postos vitalicios e a cancelación da contribución estatal aos xornais dos partidos.
É partidario das unións civís seguindo o modelo británico e declarou que un político non debe ver o matrimonio como un sacramento . Votou contra das nucleares no referendo de 2011. Partidario de modificar a lei electoral italiana para o Parlaento europeo, reuniuse con Silvio Berlusconi para propoñeren unha nova lei electoral baseada nun colexio plurinominal con eventual dobre quenda e premio á maioría Italicum: il testo e la spiegazione della proposta per la nuova legge elettorale en Polisblog.it, 23 de xaneiro de 2014.
Obra
Notas
Categoría:Alcaldes de Italia Categoría:Políticos de Florencia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Florencia Categoría:Presidentes do goberno de Italia