Histiocitosis é o termo empregado para definir un grupo de doenzas caracterizadas pola proliferación de células do sistema mononuclear fagocítico, isto é, as células dendríticas ou células de Langerhans, os monocitos e os macrófagos. Ditas células atópanse sobre todo na epiderme da pel, nos bronquios dos pulmóns, no timo e nos ganglios linfáticos.
Clasificación Segundo a célula que máis predominantemente se atopa afecta, pódense clasificar as histiocitoses en:
Células de Langerhans: Histiocitose de células de Langerhans. Células interdixitantes dendríticas: Sarcoma histiocítico. Macrófagos: Síndrome hemofagocítico ou linfohistiocitose hemofagocítica. Monocitos: Leucemia monocítica aguda, histiocitose maligna.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Histiocitose de células de Langerhans Célula de Langerhans Macrófago Monocito Ligazóns externas Asociación Española de Histicitose
Categoría:Doenzas