miniatura|dereita|200px|Batedores de globo O batedor de globo (2012): Dicionario de alimentación e restauración. Xunta de Galicia. é un utensilio de cociña manual empregado para mesturar e bater ovos, mollos e masas de bolos, biscoitos e outros alimentos.
Está formado por varios arames fortes curvados en forma de pinga e presos a un cabo, ou a un arame enrolado nunha espiral aberta. Tamén existen instrumentos destes en plástico.
Este utensilio caeu un pouco en desuso coa invención do batedor eléctrico. Coñécese tamén coma fouet.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Batedor eléctrico Batedor mesturador Batedor de vaso
Categoría:Utensilios de cociña