miniatura|Camelo bactriano. O camelo bactriano (Camelus bactrianus) é unha especie artiodáctila nativa das estepas de Asia Central. Das dúas especies de camelos que aínda existen, é a menos común. O camelo bactriano caracterízase por ter dúas xibas no lombo no canto dunha soa, en contraste co camelo dromedario. A súa poboación de 2 millóns de exemplares débese principalmente á forma domesticada da especie."Bactrian Camel." EdgeofExistence.org. EDGE, 2010. Algunhas autoridades, principalmente a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), empregan o nome binomial Camelus ferus para o camelo bactriano salvaxe e reservan Camelus bactrianus para o domesticado. O seu nome provén da antiga rexión histórica de Bactria.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Camélidos Categoría:Fauna de Asia Categoría:Animais domésticos Categoría:Mamíferos da China Categoría:Mamíferos da India Categoría:Mamíferos de Paquistán Categoría:Mamíferos de Mongolia Categoría:Mamíferos de Tadjiikistán Categoría:Mamíferos de Kazakhstán