María Bouzas Pérez, nada en Allariz o 28 de maio de 1908, foi unha mestra galega.
Traxectoria Filla do médico Antonio Bouzas Alonso. Mestra como súa irmá Pilar Bouzas Pérez. Casou co médico Antonio Fernández Carnicero en 1926. Foi membro do Partido Comunista. Era mestra en Ponte Maior en 1936 e pertencía á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO).
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesada e destituída como mestra a principios de agosto por ser unha das dirixentes da ATEO.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Pasou a Francia. En decembro de 1938 exiliouse a México cos seus dous fillos para reunirse co seu marido, procedente dun campo de refuxio francés. Logo da morte de Francisco Franco, regresou a España coa familia.
Vida persoal Casou en 1926 con Antonio Fernández Carnicero e foi nai de Antonio e Roberto Fernández Bouzas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Migración de México pares.mcu.es Cid Galante, Rosa María (8/9/2009) Ficha en Historia das nosas mulleres ourensás mulleresourensas.blogspot.com
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en ano descoñecido