O congro das Baleares,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103. Ariosoma balearicum (Delaroche, 1809), é un peixe da orde dos angüiliformes, familia dos cóngridos e subfamilia dos batimirinos.The Taxonomicon
Características As principais caracterís desta especie son:Duran, Miquel(2007): Noms i descripcions dels peixos de la Mar Catalana. Tomo I, Àgnats, Condrictis, Osteïctis (1ª part). Palma de Mallorca: Editorial Moll. ISBN 978-84-273-6508-7. Páx. 323.Bauchot e Pras (1982), pp. 107-108.
Lonxitude total que pode alcanzar: 50 cm. Corpo serpentiforme, de tamaño igual a unhas sete veces a lonxitude da cabeza, máis comprimido na rexión caudal que na preanal. Ano un pouco anterior ao centro da lonxitude total. Ollos grosos, co espazo interorbitario plano e moi estreito. Comisura bucal un pouco por diante da vertical do centro do ollo. Inicio da aleta dorsal aproximadamente á altura da base das pectorais. Dorso de cor ocre claro ou gris amarelado, flancos con iridescencias nacaradas e ventre branco. Aletas dorsal e anal abrancazadas o amareladas, orladas de negro.
Hábitat
É unha especie bentónica e litoral que vive sobre fondos areosos, lamacentos ou rochosos até os 732 m de profundidade,Smith, D. G. (1990). Congridae. p. 156-167, en J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, Paris e UNESCO, Paris. Vol. 1. pero normalmente encóntrase entre os 20 e os 100 m.Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. Núm. 16. 429 p.
Distribución xeográfica
Vive en todo o mar Mediterráneo (onde é pouco común), nas costas do océano Atlántico intertropical oriental (desde o sur de Portugal até Angola) e occidental (desde o Canadá até o norte de Suramérica, pasando por Carolina do Norte (Estados Unidos), e o norte do golfo de México,Robins, C. R. e G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, Estados Unidos: Houghton Mifflin Company. e nas do oeste do océano Índico, incluíndo o mar Vermello.Ariosoma balearicum (Delaroche, 1809) en FishBase
Alimentación
O congro das Baleares ten unha dieta carnívora.Bauchot, M. L. e L. Saldanha (1986). Congridae (including Heterocongridae), pp. 567-574, en P. J. P. Whitehead, M. L. Bauchot, J. C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. vol. 2. UNESCO, Paris.
Pesca A especie é obxecto de pesca comercianl no Atlántico centroocciental e centrooriental, no Mediterráneo e no Índico oriental.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bauchot, M. L. (1987): "Poissons osseux", p. 891-1421 en W. Fischer, M. L. Bauchot e M. Schneider (eds.) Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes et FAO, Roma, Italia. Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6. Cheung, W. W. L., T. J. Pitcher e D. Pauly (2005): "A fuzzy logic expert system to estimate intrinsic extinction vulnerabilities of marine fishes to fishing". Biol. Conserv. 124: 97-111. Helfman, G., B. Collette e D. Facey (1997): The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts (Estados Unidos). Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190. Moyle, P. e J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición, Upper Saddle River, Nova Jersey, Estados Unidos: Prentice-Hall. Nelson, J. S. (2006): Fishes of the world. 4ª edición. John Wiley & Sons, Inc. Hoboken, Nova Jersey, Estadios Unidos. 601 p. Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña]]. 329 p. Wheeler, A. (1985): The World Encyclopedia of Fishes, 2ª edición, Londres: Macdonald.
Outros artigos Cóngridos Batimirinos
Ligazóns externas
Ariosoma balearicum (Delaroche, 1809) en FishBase Portalpesca.com AQUATAB.NET uBio Ariosoma balearicum(Delaroche, 1809) na Encyclopedia of Life UNEP-WCMC Species Database ITIS ZipCodeZoo Dictionary of Common (Vernacular) Names
Categoría:Angüiliformes