O termo Laxas pode referirse a:
Unha laxa é unha pena de grandes dimensións, ou unha pedra alisada.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza Laxas, parroquia do concello de Boborás; Laxas, lugar da devandita parroquia; Laxas, lugar da parroquia de San Xes da Peroxa, no concello da Peroxa; Laxas, lugar da parroquia de Pedroso, no concello de Rodeiro. As Laxas, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo; As Laxas, lugar da parroquia de Petán, no concello da Caniza; As Laxas, lugar da parroquia de Paraños, no concello de Covelo; As Laxas, lugar da parroquia de Quintela, no concello de Crecente; As Laxas, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Mondariz; As Laxas, lugar da parroquia de Xuño, no concello do Porto do Son; As Laxas, lugar da parroquia de Vales, no concello de San Cristovo de Cea; As Laxas, lugar da parroquia de Proendos, no concello de Sober; As Laxas de Barreiros, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Caniza; As Laxas de Guimaráns, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Caniza.
Véxase tamén Outras páxinas
Laxos, lugar da parroquia de Cuntis, no concello de Cuntis; Laxás, lugar da parroquia de Luía, no concello de Ortigueira.