O caldo de castañas (tamén chamado caldo de maias, sopa de castañas ou calduda) é un caldo típico da cociña galega elaborado con castañas fervidas nunha especie de potaxe. É unha preparación culinaria moi habitual nas zonas montañosas do interior de Galiza. É un prato moi típico dos días fríos de inverno.
Características As castañas pélanse e cócense con allo, a seguir adóitase elaborar un rustrido con abundante cebola, pemento en po e un pouco vinagre. Non leva nin verzas, nin feixóns. Menciónase que este prato se adoita preparar nos días de neve cando resulta difícil saír na procura de verzas e se pode arranxar coas castañas almacenadas do outono. Ás veces acompáñase o caldo con carne de porco fría.
Algunhas variantes levan, ademais, fabas, patacas e unto.
Variantes Nalgunhas zonas de Francia e Galiza adóitanse preparar os caldos de castañas, ou tamén acompañadas de leite (Castañas con leite).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Castañas con leite Caldo galego
Categoría:Gastronomía de Galicia Categoría:Castaña Categoría:Sopas