miniatura|Gotiños de crema de augardente e licor café. A crema de augardente é un licor espeso, semellante á crema irlandesa (ou crema de whisky), feito cunha lenta maceración de augardente branca, crema de leite, azucre e algúns aromas (vainilla, canela, café etc).

É un licor espirituoso moi típico en Galiza, que se popularizou moito nos últimos anos, e onde se adoita tomar a xeito de gotiños tralos xantares coma dixestivo.

Ingredientes Existen numerosas variantes locais, que inclúen diferentes ingredientes coma: augardente branca cremas: leite condensado leite evaporado leite crema de leite aromas: vainilla canela café solúbel xarope de chocolate chocolate de fundir Licor de anís adozantes: azucre azucre acaramelado azucre vainillado xarope de caramelo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Licor café Ligazóns externas Receita da crema de augardente na páxina web de fillos de Galicia Receita de crema de augardente no blog cervexeando

Categoría:Licores Categoría:Bebidas alcohólicas de Galicia