La Opinión foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1903 e 1905.

Historia e características Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu o 1 de febreiro de 1903.El Noroeste, 3-2-1903, p. 1. Estivo dirixido por José Ramón Lence ata xaneiro de 1904, despois sucedeuno Manuel Hermida Vázquez. Afín aos intereses do deputado polo distrito Guillermo de Osma Scull. Dedicou moito espazo ás informacións da cidade de Monforte e á bisbarra. Publicou unha sección titulada Crónica europea. Cesou a súa publicación en novembro de 1905.El Norte de Galicia, 7-11-1905, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos Categoría:1903 en Galicia