dereita|miniatura|220px|Durante o embarazo, pode haber un tráfico en dúas direccións de células inmunes a través da placenta. As células intercambiadas entre nai e feto poden multiplicarse e establecer liñas célulares de longa duración que son inmunoloxicamente activas mesmo décadas despois de dar a luz. O microquimerismo é a presenza no corpo dun individuo dun pequeno número de células que se orixinaron noutro individuo e son, por tanto, xeneticamente distintas das células do individuo hóspede. Este fenómeno pode estar relacionado con certos tipos de enfermidades autoimmunes, pero os mecanismos responsables non están aínda claros.
Tipos de microquimerismo
Humano Nos humanos (e quizais en todos os placentarios) a forma máis común de microquimerismo é o microquimerismo fetomaternal (tamén chamado microquimerismo de células fetais ou quimerismo fetal), no cal células do feto pasan a través da placenta e establecen liñaxes celulares dentro do corpo da nai. Está documentado que as células fetais persisten e multiplícanse na nai durante varias décadas. O fenotipo exacto destas células é descoñecido, aínda que se identificaron varios tipos celulares diferentes, como varias liñaxes inmunitarias, células nai mesenquimais, e células derivadas da placenta. As consecuencias potenciais para a saúde destas células non se coñecen ben actualmente. Unha hipótese é que estas células fetais poderían facer que se inicie unha reacción enxerto contra hóspede que orixinaría unha enfermidade autoinmune. Isto ofrece unha explicación posible de por que moitas doenzas autoinmunes son máis frecuentes nas mulleres de mediana idade. Outra teoría é que as células fetais se instalan en tecidos maternos lesionados ou enfermos, onde actúan como células nai e participan na reparación. Tamén é posible que as células fetais sexan simples transeúntes inocentes e non teñan ningún efecto sobre a saúde materna.
Este microquimerismo do feto á nai é bastante frecuente. Despois de dar a luz entre o 50-75% das mulleres levan liñas celulares inmunitarias fetais. Pero o microquimerismo tamén ocorre no sentido contrario, de modo que as células inmunitarias maternas tamén se atopan nos fillos, o que se chama microquimerismo materno→fetal, o cal é un fenómeno a metade de frecuente que o anterior.
Tamén se comprobou que existe microquimerismo despois de transfusións sanguíneas recibidas por persoas que presentan un cadro de inmunocompromiso e inflamación por causa de traumas físicos.
Animal O microquimerismo ocorre na maioría dos xemelgos do gando vacún. Nas vacas e outros bovinos a placenta dos xemelgos fraternos xeralmente se fusiona e os xemelgos comparten a circulación sanguínea, o que ten como resultado o intercambio de liñas celulares. Se os xemelgos son un par macho-femia, as hormonas masculinas procedentes de liñas do cuxo macho que ten a femia teñen o efecto de masculinizar parcialmente á tenreira femia. Este tipo de tenreiras parcialmente masculinizadas parecen femias, pero son infértiles e non poden ser utilizadas para a reprodución nin a produción láctea. O microquimerismo proporciona un método para diagnosticar esta condición, porque o material xenético do macho pode ser detectado nunha mostra de sangue.A. Fujishiro, K. Kawakura, Y-I. Miyake, Y. Kaneda, "A fast, convenient diagnosis of the bovine freemartin syndrome using polymerase chain reaction", Theriogenology, 43 (5), pp 883-891 (1 April 1995)
Relación con enfermidades autoinmunes e cancro de mama O microquimerismo foi implicado en enfermidades autoinmunes. Estudos independentes suxiren repetidamente que as células microquiméricas de orixe fetal poden estar implicadas na patoxénese da esclerose sistémica. Ademais, as células microquiméricas de orixe materna poden estar implicadas na patoxénese dun grupo de enfermidades autoinmunes que se encontran en nenos, é dicir, miopatías inflamatorias idiopáticas xuvenís (un exemplo sería a dermatomiosite xuvenil). O microquimerismo foi implicado noutras enfermidades autoinmunes, como o lupus eritematoso sistémico. Ao contrario, unha hipótese alternativa sobre o papel das células microquiméricas nas lesións é que poden facilitar a reparación dos tecidos do órgano danado.
Ademais, as células inmunes fetais encontráronse tamén frecuentemente no estroma de tumores de cancro de mama en comparación con mostras tomadas en mulleres sas. Non obbstante, non está claro se as liñas celulares fetais promoven o desenvolvemento de tumores ou, ao contrario, protexen ás mulleres de desenvolver o cancro de mama.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Quimerismo Alotransplante
Categoría:Inmunoloxía Categoría:Reprodución Categoría:Xenética