El Cabe foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1883 e 1885.
Historia e características Subtitulado Semanario de intereses generales y noticias, apareceu o 17 de febreiro de 1883. Saía á rúa normalmente os días 1, 9, 17 e 25 de cada mes. O fundador e propietario era Víctor García de Casares, que tamén era o director. Contaba coas seccións Crónica Local, Sección de Noticias, Sección de Variedades, Cosas que pasan, Correspondencia e Charadas. Cesou a súa publicación a finais de 1885 e pasou a denominarse El Valle de Lemos ao comezo de 1886.El Lucense, 2-1-1886, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos
Categoría:1883 en Galicia