miniatura|250px|Enchelycore anatina. Enchelycore é un xénero de peixes angüiliformes da familia dos murénidos.Enchelycore Kaup, 1856 no WoRMS.
Características As especies do xénero Enchelycore son moreas xeralmente pequemas ou medianas. O seu corpo é alongado, xeralmente de cor parda, gris o negra e branca. A maioría teñen un tamaño que varía entre os 61 e os 91 cm, sendo a máis grande Enchelycore ramosa, que alcanza unha lonxitude media de 150 cm.Especies de Enchelycore en FishBase.
Os membros do xénero caracterízanse por teren un carácter distintivo, as súas mandíbulas están curvadas, o que lles impide pechar completamente a boca, pero lles axuda na captura e suxeición das súas presas.
Algunhas especies presentan cores moi brillantes (E. pardalis, E. anatina) e marcas rechamantes (E. lichenosa).
Distribución Están presentes en todos os océanos do mundo.
Especies Recoñécense xeralmente 13 especies neste xénero: Enchelycore anatina (R. T. Lowe, 1838) − morea serpente Enchelycore bayeri (L. P. Schultz]], 1953) Enchelycore bikiniensis (L. P. Schultz, 1953) Enchelycore carychroa J. E. Böhlke & E. B. Böhlke, 1976 Enchelycore kamara J. E. Böhlke & E. B. Böhlke, 1980 Enchelycore lichenosa (D. S. Jordan & Snyder, 1901) Enchelycore nigricans (Bonnaterre, 1788) − morea negra Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103. Enchelycore nycturanus D. G. Smith, 2002 Enchelycore octaviana (G. S. Myers & Wade, 1941) Enchelycore pardalis (Temminck & Schlegel, 1846) Enchelycore ramosa (Griffin, 1926) Enchelycore schismatorhynchus (Bleeker, 1853) Enchelycore tamarae Prokofiev, 2005
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New Yorh: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Murénidos Mureninos
Ligazóns externas Enchelycore Kaup, 1856 no SIIT.
Categoría:Angüiliformes