miniatura|220px|Follas e infusión do té keemon miniatura|220px|Mate

Unha infusión é unha bebida obtida somerxendo unha substancia vexetal nun líquido moi quente co fin de extraer algún dos seus compoñentes solúbeisDefinición en Portal das Palabras da RAG- http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=Infusion&sinom=0&homonimo= . A infusión prepárase vertendo auga a punto de ferver nunha cunca que conteña as follas secas, partes das flores ou dos froitos de diversas herbas aromáticas,

Historia O café entrou na nosa historia a través do mundo árabe. Disque as tribos nómades de Etiopía e Arabia, onde a cafeeira medra brava, consumíano, aínda que non o tomaban a xeito de bebida, senón que esmagaban o gran e o mesturaban con graxa, formando unhas bólas que ían comendo.

As infusións máis comúns a nivel mundial son: o café, o té, o mate, a macela, a tila e a orchata de chufa.

Hoxe en día atopamos nos supermercados galegos gran variedade de infusións, que se venden con diferentes fins. Con todo as máis comúns en Galiza son o café, o té, a macela, a tila, o poexo e a herba luísa.

Acepción en física En física, denomínase así á acción de extraer dun produto, mestura ou solución (tanto como ao produto extraído) as partes solúbeis en auga a unha temperatura maior á ambiente, e menor á de fervura.

Acepción en medicina Unha infusión é unha disolución cuxo obxectivo clínico próximo consiste en ser incectada nalgún compartimento corporal, xeralmente o torrente circulatorio venoso, en cuxo caso se denomina infusión intravenosa (IV) ou endovenosa (EV). Porén, no caso de que o compartimento fose a luz do tubo dixestivo e esa infusión fose introducida pola boca, tal infusión débese denominar infusión oral, por exemplo, unha infusión de té.

Ordinariamente as infusiones son disolucións acuosas dalgún soluto, é dicir, o resultado de diluír un soluto en auga mais sen que esta conteña soluto sobrenadando, depositado no fondo do recipiente ou flotando nalgún punto da masa de disolvente. O soluto será sempre a shustancia que vai ser disolta no diluente. Son posíbeis disolucións con disolventes distintos á auga, por exemplo, alcol ou algún líquido oleoso e o soluto pode ser materia sólida como, por exemplo, o sal común, gasoso como, por exemplo, anhídrido carbónico inxectado a presión ou unha substancia líquida como, por exemplo, o ácido acético.

Plantas que se beben en infusión miniatura|250px|Herba luísa, é común en infusión. miniatura|250px|Flor de camomila, bébese en infusión (macela). miniatura|250px|Carqueixa, bébese coma infusión medicinal en Galiza.

Alfábega Anís estrelado Borraxe Café Camomila Cardo de Santa María Carqueixa Chicoria Corniños Lavanda Freixo Groselleira negra Herba abelleira Herba da trindade Herba dos bofes Herba dona Herba luísa Chopo branco Laranxeira Limoeiro Lourentino Macela Maravalla Mate Menta Nogueira Oliveira Opio Parietaria Pero de can Poexo Quina Rooibos Romeu Sarxa Té Tila Tomiño Xanzá

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tisana Cocemento Mate

Ligazóns externas

Categoría:Bebidas