A historia de Ucraína abrangue a historia de Ucraína e a dos seus estados predecesores. A finais da Idade Antiga o territorio foi invadido polos godos, pero estes terminaron baixo o dominio dos hunos. No século VII a parte leste de Ucraína formou parte do territorio da Antiga Gran Bulgaria pero, a finais deste século, a maioría das tribos búlgaras emigraron e a terra caeu en mans dos xázaros.
Durante as Idades Media e Moderna os territorios que hoxe integran Ucraína foron obxecto de disputas entre Polonia, Rusia e o Imperio Romano de Oriente e, máis tarde, tamén do Imperio Austríaco e do Imperio Otomán.
Gran parte do territorio actual de Ucraína, especialmente a provincia de Galicia, pertenceu até o inicio do século XX ao Imperio Austrohúngaro. No século XX, Ucraína formou parte da Unión Soviética como a República Socialista Soviética de Ucraína.
A finais dos anos de 1980, a crise da URSS intensificou o sentimento nacional da maioría eslava, que se mobilizou en busca dunha maior autonomía. En 1986 estoupou o reactor nuclear de Chernóbil, o que provocou o maior desastre radioactivo na historia de Europa e graves danos na poboación. Tras o fracasado golpe de Estado contra Mikhail Gorbachev (agosto de 1991), o presidente do Parlamento ucraíno Leonid Kravchuk proclamou a Independencia de Ucraína, que foi ratificada en referendo o 2 de decembro de 1991 co 90% de votos favorábeis.
Na primeira metade da década de 2010 sucederon varios feitos que acabaron por producir unha grande inestabilidade política no país, que se agravaron nos primeiros meses de 2014 nos que, rapidamente, unha fervenza de graves acontecementos pon en perigo incluso a permanencia de Ucraína como Estado unitario.
Prehistoria Os asentamentos humanos no territorio de Ucraína remóntanse ao V milenio a. C. (4500 a. C.), cando a cultura neolítica de Cucuteni floreceu nunha zona que abarcaba partes da Ucraína moderna e toda a rexión do Dniéper-Dnister. Na Idade de Ferro, a terra foi habitada por cimerios, escitas e sármatas.
Idade Antiga Entre 700 a. C. e 200 a. C., o territorio de Ucraína formou parte do Reino Escita. Desde o século VI a. C. fundáronse colonias de Grecia, Roma e do Imperio Romano de Oriente, tales como Tiras, Olbia e Hermonassa, as cales perduraron até o século VI d. C.
Segundo o orador ateniense Demóstenes (384 a. C. - 322 a. C.), Ucraína era o celeiro de Grecia,Demóstenes, Contra Leptines 31 e ss. afirmación confirmada polos numerosos silos de trigo que se encontraron na rexión e que testemuñan a importancia do comercio de cereais desde o século VI a. C.V. D. Blavatsklij, Archéologie antique du litoral nord de la mer Noire (en ruso, con resume en francés, Moscova, 1961, pp. 210 e ss.
Idade Media Desde o 370, os godos permaneceron na zona, pero terminaron baixo o dominio dos hunos. No século VII, o territorio leste de Ucraína formou parte do territorio da Antiga Gran Bulgaria pero, a finais deste século, a maioría das tribos búlgaras emigraron en direccións diferentes e a terra caeu en mans dos xázaros.
Idade de ouro de Kíiv
miniatura|Mapa do Rus de Kíiv durante o século XI. Durante a idade de ouro de Kíiv, o seu territorio abarcaba gran parte das actuais Ucraína, Belarús e o oeste de Rusia. No século IX, gran parte do territorio da Ucraína moderna estaba poboado polos rus', que fundaron o Rus de Kíiv, o cal abarcaba case todo o territorio das actuais Ucraína, Belarús e a Rusia europea. Durante os séculos X e XI, este Estado converteuse no máis grande e poderoso de Europa. Nos séculos seguintes sentou as bases para a identidade nacional de ucraínos, belarusos e rusos. Kíiv, a capital, converteuse na cidade máis importante do Estado. Segundo a Crónica de Néstor, a elite da sociedade rus estivo formada ao principio por varegos procedentes de Escandinavia. Máis tarde os varegos foron asimilados pola poboación eslava local e formaron parte da primeira dinastía do Rus, a dinastía Rurícovich. O Rus de Kíiv estaba formado por varios principados gobernados polos príncipes rúriks, que estaban relacionados entre si. O trono de Kíiv, o máis prestixioso e influente de todos os principados, converteuse en obxecto de moitas rivalidades entre os rúrik, que o consideraban como o premio máis valioso na súa busca do poder.
A idade de ouro do Rus de Kíiv comezou co reinado de Vladimir I de Kíiv (980–1015), quen converteu os rus ao cristianismo ortodoxo. Durante o reinado do seu fillo, Yaroslav I o Sabio (1019–1054), o Rus de Kíiv alcanzou o cénit do seu desenvolvemento cultural e do seu poder militar. Isto foi seguido pola fragmentación crecente do Estado, xa que a importancia relativa dos poderes rexionais aumentou. Despois dun rexurdimento final baixo o reinado de Vladímir II Monómaco (1113–1125) e o seu fillo Mstislav I de Kíiv (1125–1132), o Rus de Kíiv finalmente desintegrouse, tras a morte de Mstislav, en varios principados separados.
Nos séculos XI e XII, as constantes incursións das tribos nómades turcas, tales como os pechenegos e os kipchak, provocaron unha migración masiva da poboación eslava cara ás rexións máis seguras do norte. A invasión mongol do século XIII devastou o Rus de Kíiv e a súa capital foi totalmente destruída en 1240. No territorio ucraíno, o Estado do Rus de Kíiv foi sucedido polos principados de Hálich (en Galicia) e Volodímir (Volinia), que se fusionaron no principado de Hálich-Volinia.
Idade Moderna Ucraína baixo Polonia-Lituania miniatura|Nos séculos que seguiron á invasión mongol, gran parte de Ucraína foi controlada por Lituania (desde o século XIV) e, desde a Unión de Lublin (1569) por Polonia.
A mediados do século XIV, o principado de Hálich-Volinia foi conquistado por Casimiro III de Polonia, mentres que o corazón do Rus, incluíndo Kíiv, caeu en poder do Gran Ducado de Lituania, despois da batalla do río Iren. Tras a unión de Krevo, en 1386 —unha unión dinástica entre Polonia e Lituania—, a maior parte do territorio de Ucraína foi controlado polo Gran Ducado de Lituania. Neste momento foi cando se comezaron a utilizar as formas latinizadas do vocábulo "Rus", Rutenia e rutenos, para designar a terra e o pobo de Ucraína, respectivamente.Subtelny, p. 69.
En 1569, a Unión de Lublin formou a República das Dúas Nacións e, como a administración de gran parte do territorio ucraíno se transferira á Coroa polaca, Rutenia foi anexionada a Polonia. Baixo a presión cultural e política da "polonización" gran parte da clase alta de Rutenia converteuse ao catolicismo e tornouse indistinguíbel da nobreza polaca.Subtelny, pp. 92–93.
Así, os plebeos ucraínos, oprimidos polos seus propios líderes da nobreza rutena, fixéronse aliados dos cosacos, un pobo nómade da zona que continuaban sendo cristiáns ortodoxos e que recorrían a accións violentas contra os que percibían como os seus inimigos, especialmente o estado polaco e os seus representantes. Así mesmo, polo sur, o territorio de Crimea foi gobernado por khans musulmáns aliados ou vasalos do Imperio Otomán.
Ucraína tras os repartimentos de Polonia miniatura|Mapa do Hetmanato cosaco de Ucraína, os territorios dos Cosacos de Zaporozhia e o Imperio Ruso (1751). Na parte inferior, o Khanato de Crimea.A mediados do século XVII, estableceuse un semiestado militar cosaco, Zaporozhia, polos cosacos do Dniéper e os campesiños rutenos que aíndan fuxían da servidume polaca. Polonia tiña pouco control real desta terra e encontraron nos cosacos un útil aliado na súa loita contra os turcos e os tártaros e, a miúdo, combatían xuntos en campañas militares. Porén, os continuos enfrontamentos entre os campesiños e a nobreza polaca, provocados pola explotación da man de obra e a supresión da igrexa ortodoxa, fixo que os cosacos deixasen de confiar no goberno polaco. Aspiraban a ter un representante no Sejm de Polonia, o recoñecemento das tradicións ortodoxas e a expansión gradual do exército cosaco, pero todo isto foi negado pola nobreza polaca. Finalmente, os cosacos acudiron á protección da igrexa ortodoxa de Rusia, unha decisión que máis adiante provocaría a caída do estado polaco-lituano, e a preservación da Igrexa ortodoxa en Ucraína.Magocsi, p. 195,
miniatura|esquerda|"Os cosacos de Zaporozhia escriben unha carta ao Sultán de Turquía". Lenzo de Ilia Repin (1880-1891). Museo Estatal Ruso, San Petersburgo. En 1648, Bohdán Jmelnytsky conduciu o levantamento cosaco máis grande contra a República das Dúas Nacións e o seu líder Xoán II Casimiro Vasa.Subtelny, pp. 123–124. Tras a firma do Tratado de Pereyáslav de 1654 e a Guerra Ruso-Polaca de 1654-1667, a parte oriental de Ucraína integrouse en Rusia como o Hetmanato cosaco. Despois dos repartimentos de Polonia ao final do século XVIII, Hálich foi tomada polo Imperio austríaco, mentres que o resto de Ucraína se incorporou ao Imperio ruso. O intento de crear a Mancomunidade polaco-lituano-ucraína, ao final do século XVII, fracasara. miniatura|O Khanato de Crimea foi unha das principais potencias musulmás en Europa oriental até finais do século XVIII.
Desde o principio do século XVI até o final do XVII, bandas de tártaros de Crimea fixeron incursións case cada ano nas terras agrícolas eslavas buscando cativos para vender como escravos, aínda que estas cesaron tras a anexión do Khanato de Crimea por parte de Rusia, en 1783, e a rexión foi poboada por emigrantes doutras partes de Ucraína.
A pesar das promesas de autonomía dadas polo Tratado de Pereyáslav, a elite ucraína e os cosacos nunca recibiron as liberdades e a autonomía que esperaban de Rusia. Porén, dentro do Imperio, varios ucraínos chegaron ás maxistraturas máis altas do Estado e da Igrexa ortodoxa rusa.Entre os ucraínos que alcanzaron os postos máis altos no Imperio ruso están Alekséi Razumovski, Alexander Bezborodko e Iván Paskévich. E entre os ucraínos que tiveron grande influencia sobre a Igrexa ortodoxa rusa están Stephen Yavorsky, Teófanes Prokopóvich e Demetrio de Rostov.
Nun período posterior, o réxime tsarista levou a política de "rusificación" ás terras de Ucraína, coa que intentou suprimir o uso do idioma ucraíno en forma impresa e pública, en medios de comunicación, discursos e trámites legais.
Idade Contemporánea Primeira guerra mundial e revolución bolxevique
Pouco antes de iniciarse a primeira guerra mundial, o territorio de Ucraína estaba repartido entre o Imperio Austrohúngaro e o Imperio Ruso. Por tal motivo, os ucraínos pelexaron ao lado das Potencias Centrais e da Tripla Entente ao mesmo tempo. Desta forma, 3,5 millóns de ucraínos loitaron co exército imperial ruso, mentres que 250 000 fixérono para o exército austrohúngaro.Orest, pp. 340–344. Durante a guerra, as autoridades de Austria-Hungría estableceron a Lexión de Ucraína para loitar contra o Imperio ruso. Esta lexión foi a base do exército ucraíno en Hálich, que loitou contra os bolxeviques e os polacos no período posterior á primeira guerra mundial (1919–1923). En Hálich, máis de 5 000 partidarios do Imperio ruso foron detidos e levados a campos de concentración en Talerhof, Estiria e nunha fortaleza en Terezín (actualmente na República Checa).