San Cosme de Barreiros é un lugar da parroquia de Barreiros no concello lugués de Castroverde na comarca de Lugo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 24 habitantes (13 homes e 11 mulleres). Toponimia O topónimo San Cosme de Barreiros ten dous elementos: San Cosme é un haxiotopónimo referido ao mártir Cosmede e débese á presenza no lugar da igrexa parroquial, mentres que Barreiros é un orónimo que sinala a un lugar do cal, pola súa abundancia, se extrae o barro.
Lugares e parroquias Lugares de Barreiros
Parroquias de Castroverde
Notas
Categoría:Lugares de Castroverde