José G. del Valle Moré, nado na Coruña o 18 de xuño de 1892, foi un xuíz, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba sendo mozo. Estudou nas Escolas Pías de Guanabacoa. En 1911 graduouse de bacharel e Ciencias e Letras no Instituto da Habana. En 1913 graduouse en Dereito civil na Universidade da Habana. Ese mesmo ano foi nomeado vice-secretario da Sección de Instrucción do Centro Galego. Realizou despois viaxes por Europa. En 1917 foi designado Xuíz Municipal de Guanabacoa. Formou parte da directiva da Sociedade Vivero y su Comarca, representando a San Román do Val. Dirixiu a revista Vivero en Cuba durante un tempo e colaborou en Cuba y América. Foi xuíz de primeira instancia na Habana.

Obras Pastor Díaz, su vida y su obra, Habana, 1911 Viaje á Italia, 1916. Cisneros y las leyes de Indias, Habana, 1918. Servidumbres de medianería, luces y vistas, 1943 La capacidad de la mujer casada para contratar y ejercer el comercio después de la Constitución de 1940, 1943. Compraventa civil y mercantil: estudio teórico-práctico, 1945.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1892 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes