La Antorcha Gallega foi unha revista editada na Habana entre 1913 e 1914.
Historia e características Revista semanal ilustrada, apareceu o 5 de outubro de 1913. Dirixida por Ángel Fernández Fernández, o seu administrador era Julián Cabrera. No seu primeiro editorial sinala que se propón:
Engade que fará labor
Finalmente expresa que
Publicou noticias de Galicia e das sociedades galegas de Cuba. Apoiou o labor do Centro Galego e informou da marcha das súas obras en construción. Defendeu a xestión de Ángel Barros como presidente do Centro Galego fronte a Eugenio Mañach. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Gómez Cordido e os pseudónimos: Pepe da Mota, La Brego, Czaritos. Incluíu algunhas páxinas literarias en galego con textos de Manuel Lugrís Freire e Manuel Curros Enríquez. Cesou a súa publicación o 8 de marzo de 1914.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Ficha na Enciclopedia da Emigración Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana