Vox Pópuli foi un semanario editado en Viveiro entre 1933 e 1934.

Historia e características Órgano do Partido Republicano Independiente de Viveiro, apareceu o 11 de marzo de 1933. O Partido Republicano Independiente de Viveiro estaba presidido por José Santiago Seijo. Declarábase antimarxista e atacou á ORGA. O órgano socialista de Viveiro, El Momento, cualificábao despectivamente como "la voz del pirata".

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Viveiro

Categoría:1933 en Galicia