La grande bellezza é un filme franco-italiano de 2013 dirixido por Paolo Sorrentino e presentado no decurso do Festival de Cannes 2013. Recibiu o Premio Oscar ao mellor filme en lingua estranxeira, o Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro, o BAFTA ao mellor filme en lingua estranxeira, catro premios do cine europeo, cinco Nastri d'Argento e numerosos outros premios internacionais.Elenco dos premios recibidos en IMDb
Sinopse miniatura|Sabrina Ferilli, a actriz que dá vida a Ramona no filme. Jep Gambardella é un xornalista de éxito e escritor dun só libro durante a súa mocidade, aínda que esta a súa ópera prima fora ben valorada. Non escribiu outros libros por preguiza, pola desorde sexual da propia vida mais sobre todo por sentir que na súa vida non había máis nada no que crer nin cousa ningunha que comunicar a outros que eran coma el. O propósito da súa existencia fora converterse non só nun mundano senón no primeiro dos mundanos, non só participar nas festas, senón ter o poder de facelas fracasar. Despois da festa do seu 65 aniversario, pasea polas ruínas e rúas de Roma, encontrándose os diversos personaxes, reflexionando sobre a súa vida, o seu primeiro amor e a sensación de incumprimento.
Personaxes Toni Servillo como Jep Gambardella Carlo Verdone como Romano Sabrina Ferilli como Ramona Carlo Buccirosso como Lello Cava Iaia Forte como Trumeau Pamela Villoresi como Viola Galatea Ranzi como Stefania Franco Graziosi como o conde Colonna Sonia Gessner como a condesa Colonna Giorgio Pasotti como Stefano Luca Marinelli como Andrea Massimo Popolizio como Alfio Bracco Serena Grandi como Lorena Ivan Franek como Ron Sweet Roberto Herlitzka como o cardeal Bellucci Isabella Ferrari como Orietta Fanny Ardant como ela mesma Antonello Venditti como el mesmo
Produción e distribución
A realización do filme comezou en Roma o 9 agosto 2012. As escenas ambientadas baixo o mar graváronse a primeiros de setembro na Illa del Giglio, preto do faro de Capel Rosso, visible no filme.
A súa estrea nas salas italianas foi o 21 de maio de 2013, simultaneamente á súa presentación no festival de Cannes; o día seguinte distribuíuse en Francia e en setembro no Reino Unido, recibindo unha ampla aceptación, e mais en novembro nos Estados Unidos. Despois de recibir un Globo de Ouro o filme volveu ás salas cinematográficas italianas o 16 de xaneiro de 2014. e tras lograr o Oscar Canale 5 emitiuno por televisión totalizando 8 861 000 televidentes, o que lle supuxo o 36,11% de share, converténdose no filme máis visto na televisión italiana nos últimos dez anos.
Recepción A crítica internacional case unanimemente deulle boas críticas ao filme, así o sitio Rotten Tomatoes deu un 92% de aprobación cunha avaliación de 7,8/10 baseada en 100 críticas e certificándoo como "fresco". En Metacritic conta cunha nota de 86/100 baseado en 29 críticas, afirmando que foi "universalmente aclamada."
Robbie Collin en The Daily Telegraph deulle ao filme de Sorrentino cinco estrelas sobre cinco, relacionándoo co filme de Roberto Rossellini Roma, città aperta e co de Federico Fellini La Dolce Vita na súa ambición por rodar un período da historia de Roma no filme. "Rossellini cubriu a ocupación nazi de 1944; Fellini o hedonismo baldeiro e sedutor dos anos que seguiron e Sorrentino fixo o propio durante a era de Berlusconi".
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Paolo Sorrentino Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Óscar ó mellor filme internacional