miniatura|San Néstor o Cronista. miniatura|Néstor o Cronista, 1661 Néstor o Cronista, nado en Kíiv en 1050 e finado na mesma cidade en 1114,Venerable Nestor the Chronicler of the Kiev Caves en OCA. foi un monxe dun mosteiro de Kíiv ao que se lle atribúe unha das primeiras Crónicas dos Eslavos do Leste, ou Crónica de Néstor. É, ademais, o autor da Vida de Teodosio e das Vidas de Borís e Gleb, nos anos 1080, con motivo do traslado das reliquias destes santos a Vishgorod, no ano 1072.

Da súa vida só se sabe que se lle encargou recuperar as reliquias de San Teodosio (misión na que tivo éxito). Especúlase que ademais apoiaba ao príncipe Sviatopolk II e ao seu partido proescandinavo, mentres que non lle gustaba a influencia grega en Kíiv.

A súa crónica comeza co diluvio universal, e mostra que coñecía moi ben a outros historiadores bizantinos, como Xoán Malalas e Xurxo o Monxe. Na súa crónica mestúranse tamén moitas lendas e, probabelmente, inclúe fragmentos de antigos poemas épicos que se perderon.

Aínda que como testemuña presencial só puido escribir acerca dos reinados de Vsélovod I e Sviatopolk II (1078-1112), puido utilizar as testemuñas doutras persoas (como Giurata Rógovich de Nóvgorod e o nobre Ian Vishátich) para escribir doutras épocas e rexións. Moitos dos detalles etnolóxicos mencionados por Néstor son de grande importancia para os estudos actuais.

A opinión moderna é que a Crónica de Néstor é unha mestura de distintos autores, e que se lle atribúe a el ben sexa porque escribiu a maior parte ou porque recompilou os fragmentos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Crónica de Néstor Rus de Kíiv

Ligazóns externas Iaroslav Lebedynsky, L'Empire médiéval de Kiev, débats historiques d'hier et d'aujourd'hui en Le monde de Clio Venerable Nestor the Chronicler of the Kiev Caves en Ortodox Church in America.

Categoría:Historiadores medievais Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Personalidades do cristianismo de Ucraína Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas