O ballicoNome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; e Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004 (Lolium perenne), coñecido tamén co termo inglés galeguizado raigrásNome dado pola RAG - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=309192&sinom=0 (do inglés: ryegrass, literalmente "herba centeo"), é unha gramínea perenne de importancia na creación de céspedes e na produción de forraxes en lugares de clima temperado e subtropical. thumb|240px|Detalle das lígulas. thumb|240px|Aurículas. thumb|240px|Ilustración. Descrición Talos de até 90 cm, coas follas, de cor verde escura e brillante, son enteiras ou bilobadas, con limbo de até 18 cm de lonxitude; estriadas e con nervio central marcado. A inflorescencia está composta por espigas sésiles alternadas a esquerda e dereita dun eixo central. As espículas están dispostas xuntas, con 3 - 10 flores cuxa pálea é tan longa como a lema. Como na maior parte das gramíneas, a reprodución pode ser por sementetes ou por mouteiras.
Distribución e hábitat De distribución circumboreal. É orixinaria de Europa e norte de África. É a gramínea pratense sementada máis utilizada na Península Ibérica. Foi introducida en América do Sur, Australia e Nova Zelandia. É un hemicriptófito que habita céspedes, xardíns e pastos húmidos e antropizados. Dáse en zonas temperadas. Os seus rendementos oscilan en torno a 10-12 t/ha no primeiro ano, e 8-10 t/ha en anos seguintes tendo unhas condicións favorábeis.
Importancia económica e aproveitamento forraxeiro
Ten o potencial de producir gran cantidade de biomasa de boa calidade e apetecíbel para o gado, mais necesita solos con niveis altos de fertilidade e é sensíbel á seca e ao exceso de auga.
Ten grande importancia como especie forraxeira nas pradeiras de Nova Zelandia que se destinan á alimentación de vacas leiteiras xa que é unha pradeira de longa duración. Úsase tamén en campos de golf, xardíns e campos de fútbol. É relevante en certas zonas de Gran Bretaña, Estados Unidos, Arxentina, Chile e España, incluíndo Galiza.
Téñense desenvolvido centos de cultivares para adaptalos a diferentes zonas de produción. A maioría dos cultivares neozelandeses conteñen coma hóspede ao fungo endófito Neotyphodium lolii, que non causa dano á planta, mais produce alcaloides que poden afectar ao gado e tamén ao insecto Listronotus bonariensis, considerado unha praga da cultura.
Pode producir hematuria (presenza de sangue nos ouriños) no gado por exceso de proteína e alongamento do intervalo entre paristallos.
Ten unha elevada produtividade, precocidade e calidade nutritiva. Se se sementa no outono o primeiro aproveitamento se produce antes de que remate o ano. En áreas de inverno suave, a mediados de marzo pode realizarse a seguinte seitura. Produción estival practicamente nula. Está xeralmente asociada co trevo branco (Trifolium repens L.)
Taxonomía Lolium perenne foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 83. 1753. Etimoloxía Lolium : nome xenérico dado por Virxilio a unha maleza problemática.(en inglés)
perenne: epíteto latino que significa "perenne".En Epítetos Botánicos Variedades Lolium perenne f. longiglume (Grantzow) Junge Lolium perenne f. orgyiale (Döll) Junge Lolium perenne f. paleaceum (Döll) Holmb. Lolium perenne f. ramosum (Schumach.) Holmb. Lolium perenne f. viviparum (Gray) Holmb. Sinonimia Lolium brasilianum Nees Lolium canadense Bernh. ex Rouville Lolium latum Roth ex Steud. Lolium marschallii Steven Lolium montevidense Rouville Lolium multiflorum Lam. Lolium tenue L. Festuca perennis (L.) Columbus & J.P.Sm. Hordeum compressum Boiss. & Orph. Lolium aechicum Rouville Lolium agreste Roem. & Schult. Lolium cechicum Opiz Lolium compressum Boiss. & Orph. ex Nyman Lolium cristatum Pers. ex B.D.Jacks. Lolium felix Rouville Lolium glumosum Planellas Lolium gmelinii Honck. Lolium halleri C.C.Gmel. Lolium jechelianum Opiz Lolium pseudoitalicum Schur Lolium repens Honck. Lolium rigidum var. compressum (Boiss.) Boiss. Lolium rosetlanum Fig. & Delile ex Rouville Lolium strictum var. compressum Boiss. Lolium trabutii Hochr. Lolium vulgare Host
Notas
Véxase tamén
Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México. Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama. Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson. Cronquist, A.J., A. H. Holmgren, N. H. Holmgren & Reveal. 1977. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A. 6: 1–584. In A.J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York. Darbyshire, S.J. 2003. Lolium. In Catalogue of New World Grasses (Poaceae): IV. Subfamily Pooideae. Contr. U.S. Natl. Herb. 48: 426–431. View in BotanicusView in Biodiversity Heritage Library Davidse, G., M. Sousa Sánchez & A.O. Chater. 1994. Alismataceae a Cyperaceae. 6: i–xvi, 1–543. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A.O. Chater (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F. Döll, J. C. 1880. Gramineae III. Bambusaceae, Hordeaceae. 2(3B): 161–242, t. 44–58. In C. F. P. von Martius (ed.) Fl. Bras.. F. Fleischer, Monachii & Lipsiae. View in BotanicusView in Biodiversity Heritage Library Espejo Serna, A., A. R. López-Ferrari & J. Valdés-Reyna. 2000. Poaceae. Monocot. Mexic. Sinopsis Floríst. 10: 7–236 [and index]. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Río de Xaneiro. Foster, R. C. 1958. A catalogue of the ferns and flowering plants of Bolivia. Contr. Gray Herb. 184: 1–223. View in Biodiversity Heritage Library Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
Outros artigos Xoio (Lolium temulentum) Herba de Vigo (Lolium multiflorum) Ligazóns externas Jepson Manual Treatment USDA Plants Profile Forest Service Fire Ecology Photo gallery
Categoría:Lolium Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Galicia Categoría:Pastos Categoría:Plantas descritas en 1753