miniatura|260px|O Hetmanato e o Imperio ruso en 1751.O territorio dos Cosacos de Zaporozhia figura en violeta.
Os Cosacos de Zaporozhia, Exército dos Cosacos de Zaporozhia, Exército Zaporozhiano (en ucraíno: Військо Запорізьке; en polaco Kozacy zaporoscy; en checo: Záporožští kozáci) ou, simplemente Zaporozhiáns en ucraíno Запорожці, Zaporozhtsi) son algúns dos nomes que na historiografía se lle dá a unha organización territorial, política, militar e social dun grupo de cosacos ucraínos establecidos primitivamente nos arredores da cataratas do río Dniéper, na Ucraína central.
Sempre tiveron fama polo seu valor e as súas razzias. Estiveron, sucesivamente, ao servizo de Polonia, de Suecia e de Rusia. Pedro o Grande organizounos e deulles por caudillo a Mazeppa. En 1775, Catarina II trasladounos ás ribeiras do Kubán para conter aos circasiáns, e desde aquela tomaron o nome de cosacos do mar Negro (Chernomoski).
Desde 1552 (data da fundación da primeira Sitch) até 1775, estiveron dirixidos por un atamán e unha asemblea de cosacos.
En coordinación cos cosacossdo Hetmanato, os zaporozhianos combateron contra Polonia, os otománs e, máis tarde, contra Rusia, para lograr a súa independencia.
Durante a Segunda guerra mundial a inmensa maioría dos zaporozhianos puxéronse ao servizo do III Reich.
Véxase tamén
Bibliografía Enciclopedia Espasa. Volume 70, páx. 1022. ISBN 84-239-4570-7. Lebedynsky, Iaroslav (2004): Les Cosaques. Une société guerrière entre libertés et pouvoirs. Ukraine 1490-1790. París: Errance. ISBN 2 87772-272-4. Ure, John (2002): The Cossacks: An Illustrated History. Londres: Gerald Duckworth. ISBN 0-7156-3253-1.
Outros artigos Hepmanato cosaco Zaporozhia
Ligazóns externas Cossaks Encyclopedia of Ukraine . The Zaporizhia Encyclopedia of Ukraine .
Categoría:Historia de Rusia Categoría:Historia de Ucraína