Ángel Bernárdez Rodríguez, nado en Xixón o 8 de outubro de 1859 e finado en Vigo o 3 de abril de 1935, foi un xornalista galego

Traxectoria De ascendencia paterna galega, aos oito anos trasladouse a Vigo onde viviu e traballou. Foi concelleiro republicano en Vigo. Empezou a carreira xornalística en La Propaganda, foi redactor de Diario de Vigo e La Coalición Republicana, colaborou en La Víbora e El Independiente, foi director de La Vanguardia e La Federación e redactor xefe de Faro de Vigo. Dirixiu a sección de pesca e conservas de El Financiero de Madrid, e realizou unha intensa campaña en favor das industrias pesqueira e conserveira de Galicia na Revista Nacional de Economía. Foi correspondente en Galicia de La Prensa de Buenos Aires, do Daily Mail de Londres, e do Berliner Lokalanzeiger de Berlín. Foi secretario técnico da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia e escribiu o apartado "La pesca en Galicia" do libro Generalidades de la geografía de Galicia. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Finou en Vigo o 3 de abril de 1935.El Pueblo Gallego, 5-4-1935, p. 3.

Vida persoal

Casou con Lucila Losada Iglesias e foi pai de Ángel Bernárdez Losada. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Concelleiros de Vigo

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público