Manuel Hidalgo Rodríguez, finado en Vigo o 15 de outubro de 1962,La Voz de Galicia, 23-10-1962, p. 6. foi un político galego.

Traxectoria Afiliado ao Partido Republicano de Vigo, foi un dos candidatos elixidos na antevotación do 1 de abril para presentarse a concelleiro de Vigo. Nas eleccións do 12 de abril de 1931 foi proclamado concelleiro polo distrito 4º. En xullo de 1931 foi elixido presidente do Partido Republicano Vigués. Integrouse no Partido Radical. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 presentou a súa dimisión como concelleiro pero non lle foi aceptada. Enfrontado co alcalde Emilio Salgado Urtiaga finalmente dimitiu o 8 de marzo de 1935. Reposto no cargo a principios de 1936, o 8 de xaneiro foi elixido alcalde de Vigo,"Tomó posesión la nueva Corporación, nombrando alcalde por mayoría a D. Manuel Hidalgo Rodríguez" en El Pueblo Gallego, 9-1-1936, p. 2. permanecendo no cargo até as eleccións de febreiro de 1936.

Vida persoal

Casou con Pilar Caufapé Llena, que finou en Barcelona en 1942,La Voz de Galicia, 10-6-1942, p. 3. e foi pai de María del Pilar Hidalgo Caufapé.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

.

Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1962