Burkholderia cenocepacia é unha especie de bacterias gramnegativas que é común no medio ambiente e pode causar enfermidades en plantas, aínda que é tamén un patóxeno oportunista que causa infeccións en persoas con fibrose quística e enfermidade granulomatosa crónica, que con frecuencia son mortais. Na fibrose quística, pode causar a chamada "síndrome cepacia", que se caracteriza por unha febre progresiva rápida, broncopneumonía incontrolada, perda de peso, e posible morte.
Orixinalmente, a especie foi definida co nome Burkholderia cepacia, pero despois viuse que esta formaba un grupo que comprendía varios xenomovares e que, finalmente, foi subdividido en varias novas especies, unha das cales é B. cenocepacia. Esta é unha das especies do grupo que están a ser estudadas máis intensamente, porque é a especie dominante nas infeccións en pacientes de fibrose quística.
Notas
Categoría:Burkholderiales