Eugenio Sequeiros Matos, finado en Cangas de Morrazo o 22 de xuño de 1903, foi un médico e político galego.
Traxectoria Médico director do lazareto da illa de San Simón cara a 1882. Foi presidente da Liga de Agricultores de Cangas e presidente do Centro de Marineros (1901-1902). Defendeu aos xeiteiros no conflito coas traíñas. Republicano Federal, vinculado a Montero Ríos, foi médico e alcalde de Moaña. Foi deputado provincial de 1901 a 1903. Foi presidente do Casino La Unión.
Era irmán de José Sequeiros Matos.
Recoñecementos Unha rúa de Cangas de Morrazo leva o seu nome. O Concello de Moaña acordou poñerlle ao lugar de Vilela o nome de Eugenio Sequeiros. Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Un alcalde para lembrar : Eugenio Sequeiros Matos, gran defensor do xeito
Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Alcaldes de Moaña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Finados en 1903 Categoría:Nados en ano descoñecido