Virginia Cathryn Rowlands, nada en Cambria (Wisconsin) o 19 de xuño de 1930 e finada o 14 de agosto de 2024 en Indian Wells (California), foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria Nada en Wisconsin, marchou coa súa familia a Washington en 1939 cando o seu pai, banqueiro e lexislador estatal, foi ascendido no Departamento de Agricultura. Tres anos despois volveron ao seu estado natal, onde estudou na universidade, para logo marchar a Nova York para estudar arte dramática.
A partir da década de 1950 comezou a actuar profesionalmente no teatro. En 1954 casou co director e actor John Cassavetes, co que traballaría en dez filmes.
Rowlands traballou en teatro, cinema e televisión, sendo candidata ao Oscar á mellor actriz en dúas ocasións e gañando numerosos premios.
Filmografía Ano Filme 1958The High Cost of Loving1959Shadows1962Lonely Are the Brave1962The Spiral Road1963A Child Is Waiting1967Tony Rome1968Faces1969Machine Gun McCain1971Minnie and Moskowitz1974A Woman Under the Influence1976Two-Minute Warning1977Opening Night1978The Brink’s Job1978A Question of Love1979Strangers: The Story of a Mother and Daughter1980Gloria1982Tempest1982Faerie Tale Theater1984Love Streams 1987Light of Day1987The Betty Ford Story1988Another Woman1991Once Around1991Noite na terra1991Ted & Venus1991Face of a Stranger1993Silent Cries1994Parallel Lives1995Algo de que falar1995The Neon Bible1996Unhook the Stars1997She's So Lovely1998Paulie1998The Mighty1998Hope Floats1998Playing by Heart1999The Weekend2002 Charms for the Easy Life2004Taking Lives 2004The Notebook2005The Skeleton Key2006Paris, je t'aime2007Broken English2011Olive2012Yellow2013Parts Per Billion
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Wisconsin Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1930 Categoría:Estadounidenses de ascendencia galesa Categoría:Óscar honorífico Categoría:Finados en 2024