miniatura|Grupo hemo da clorocruorina. A clorocruorina é unha hemoproteína que se une ao oxíxeno, que está presente no plasma sanguíneo de moitos anélidos, especialmente en certos poliquetos mariños. A súa afinidade polo oxíxeno é menor que a da maioría das hemoglobinas. A clorocruorina é un composto dicromático, que orixina unha cor verde en solucións diluídas, pero que aparece vermella clara en solucións concentradas.

A súa estrutura química é moi similar á eritrocruorina (a cal contén moitas subunidades de tipo hemoglobina e non hemoglobina) e contén moitas subunidades de tipo mioglobina de 16-17 kDa dispostas como un complexo xigante de case cen subunidades entrelazadas con proteínas cun peso molecular total que excede os 3600 kDa. A única diferenza significatva entre a clorocruorina e a eritrocruorina é que a clorocruorina leva un grupo hemo anormal. Esta enorme macromolécula atópase tipicamente flotando libremente no plasma, e non no interior de células sanguíneas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hemoglobina Hemocianina Hemeritrina Eritrocruorina

Ligazóns externas

Categoría:Hemoproteínas Categoría:Pigmentos respiratorios