Herminio Ramos González, nado en Baiona o 9 de abril de 1868 e finado no mesmo concello en setembro de 1941El Pueblo Gallego, 3-9-1941, p. 2., foi un empresario, escritor e político galego.

Traxectoria Emigrante en Cuba, onde se dedicou ao comercio en Matanzas e labrou unha pequena fortuna. Retornou a Baiona en 1898 e dedicouse a investigar no arquivo municipal do Concello. Foi cronista oficial de Baiona. Foi concelleiro de Baiona en 1927 e foi nomeado alcalde de Baiona en abril de 1930.El Pueblo Gallego, 11-4-1930, p. 10. Cesou en xaneiro de 1931. Nos primeiros meses da guerra formou parte do goberno municipal e foi alcalde de Baiona durante o franquismo. Foi nomeado arquiveiro honorario do Concello de Baiona. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.Correspondentes. Real Academia Galega

Por iniciativa súa colocouse unha placa de bronce no lugar no que se calafateou a carabela Pinta tras regresar da primeira viaxe de Colón, acto ao que asistiu o xefe do goberno, xeneral Miguel Primo de Rivera.

Unha rúa de Baiona leva o seu nome.

Obras Crónicas históricas de la villa de Bayona, Madrid, 1925.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Baiona Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Cronistas de Baiona Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público