Muriel Teresa Wright, nada en Nova York o 27 de outubro de 1918 e finada en New Haven, Connecticut o 6 de marzo de 2005, foi unha actriz estadounidense. Gañou o Óscar á mellor actriz secundaria en 1942 polo seu papel como Carol Bedon no filme Mrs. Miniver. Estivo nomeada para o mesmo premio o ano anterior polo seu debut en The Little Foxes. Tamén en 1942 foi candidata a mellor actriz pola súa actuación xunto con Gary Cooper en The Pride of the Yankees. É coñecida polas súas interpretacións en Shadow of a Doubt (1943), de Alfred Hitchcock, e Os mellores anos da nosa vida (1946), de William Wyler.

Wright foi tres veces finalista dos premios Emmy: pola serie de televisión Playhouse 90 en 1957, por The Margaret Bourke-White Story en 1959, e polo drama da CBS Dolphin Cove en 1989.

Traxectoria Tras ver a Helen Hayes en 1936 na obra Victoria Regina comezou a interesarse pola interpretación e a facer papeis protagonistas en obras escolares, debutando profesionalmente dous anos despois.

En 1939 foi descuberta por Samuel Goldwyn, que a contratou para o papel de filla de Bette Davis no filme The Little Foxes, de 1941. Por este papel foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria. O ano seguinte foi candidata dobremente, como protagonista por The Pride of the Yankees e como actriz secundaria por Mrs. Miniver, premio que gañou.

En 1948, tras rebelarse contra o sistema de estudios, Samuel Goldwyn cancelou o seu contrato.

Tras participar en varios filmes sen éxito comezou a traballar con máis frecuencia no teatro e na televisión.

Filmografía Ano Filme1941The Little Foxes1942Mrs. Miniver1942The Pride of the Yankees1943Shadow of a Doubt1944Casanova Brown1946Os mellores anos da nosa vida1947Pursued1947The Imperfect Lady1947The Trouble with Women1948Enchantment1950The Capture1950The Men1952Something to Live For1952California Conquest1952The Steel Trap1953Count the Hours1953The Actress1954Track of the Cat1955The Miracle on 34th Street1956The Search for Bridey Murphy1957Escapade in Japan1957Playhouse 90: The Miracle Worker1958The Restless Years1964Lonely Place1969Hail, Hero!1969The Happy Ending1972Crawlspace1974The Elevator1976Flood!1977Roseland1980Algures no tempo1980The Golden Honeymoon1982Morning's at Seven1983Bill: On His Own1987The Fig Tree1988The Good Mother1990Perry Mason: The Case of the Desperate Deception1991Lethal Innocence1993The Red Coat1997The Rainmaker

Véxase tamén

Ligazóns externas

Teresa Wright en Reel Classics

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2005