Maximino Cacheiro Varela, nado na Coruña en 1943, e finado en Vigo o 29 de maio de 2020, foi un ensaísta, teórico da literatura, antólogo, poeta e profesor galego.
Traxectoria Fixo o bacharelato e a carreira de Maxisterio na cidade natal. Viuse obrigado a exiliarse en 1967 por motivos políticos, unha situación que se prolongou até 1976 en París e que tivo a súa continuación, outros sete anos, en Venezuela. En Venezuela foi profesor da Universidade Central de Venezuela e da Andrés Bello. En París obtivo o título de Licenciado en Filoloxía Hispánica e foi doutor en "Estudos Ibéricos" pola Sorbona, mestrado en Etnoloxía e diplomado en Estudos Superiores Cinematográficos. Foi profesor titular de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Vigo.
Obras Ensaio Diccionario Conceptual Lezamiano. Glosario lingüístico sobre Roland Barthes, 1977. O mar na poesía galega, 1985, Ediciós do Castro. Poetisas galegas do século XX, 1987, autoedición. América na poesía galega, 1993, Deputación da Coruña. Retrato hablado de José Antonio Rial, 1995, Ateneo de Los Teques. L'aube du désir un étude de Primeras Poesías de Luis Cernuda, 1996, Gamesal. Letras e figuras. Con Galicia ao fondo, 2000, Tórculo Edicións. Os escritores galegos e Iberoamérica, 2000, Universidade de Vigo. Diccionario de símbolos y personajes en Paradiso y Oppiano Licario de José Lezama Lima, 2001, Universidade de Vigo. O mar na poesía e pintura galegas, 2002, Deputación de Pontevedra. Con Francisco Pablos. A vellez na poesía galega, 2002, Baía Edicións.A vellez na poesía galega na páxina web de Baía Edicións. Poemas de amor da Xeración dos 50, 2004, Tórculo Edicións. La poesía en Pedro Páramo, 2004, Huerga y Fierro. Amor en feminino. Antoloxía das poetas galegas: de Rosalía á xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. El sentido irisado, leyendo "Paradiso" de Lezama Lima, 2010, Academia del Hispanismo.
Poesía Memorial do exilio, 1994. Foi traducida ao ruso. O tremor do amor, 1997, Suaver. Fulgor del fetiche lezamiano, 2001, Verbum. A iluminación do mar, 2004. Editorial Toxosoutos.A iluminación do mar na páxina web de Toxosoutos. Latidos del exilio, 2002, Verbum. Relampos do existir, 2005, Editorial Toxosoutos.Relampos do existir na páxina web de Toxosoutos. Onde se irisa a flor, 2006, Deputación de Pontevedra. Música irisiada, 2012, La Biblioteca del Laberinto. Mar e lume, 2015, Toxosoutos, antoloxía que reúne a súa obra poética completa en galego: Latexos do exilio, O tremor do amor, Fulgor do fetiche lezamiano, A iluminación do mar, Relampos do existir, Onde se irisa a flor e A música irisada.Mar e lume na páxina web de Toxosoutos.
Narrativa Historias da pintura. Odas aos pintores galegos, 2009, Toxosoutos.Historias da pintura na páxina web de Toxosoutos. Historias da Boule D'or. Contos da paixón erótica, 2011, Toxosoutos.Historias da Boule D'or na páxina web de Toxosoutos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha do autor na páxina web de Baía Edicións. Lamas, Jorge (7/1/2016). "Maximino Cacheiro publica a súa antoloxía poética en galego" La Voz de Galicia.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Exilio galego Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes