Correo Literario, foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1943 e 1945.
Historia e características Publicación quincenal, apareceu o 15 de novembro de 1943. Nos últimos números pasou a ter periodicidade mensual. Dirixida por Lorenzo Varela, Luís Seoane e Arturo Cuadrado. De temática cultural, literaria, artística, e sobre cine e teatro, tiña unha importante sección de libros. Tamén apareceu crítica política en defensa das liberdades e da democracia. Entre os seus colaboradores figuraron Rafael Dieste, Xosé Otero Espasandín, Rafael Alberti, María Teresa León, Francisco Ayala, Ernesto Sabato, Julio Cortázar e Vicente Huidobro. Prestou especial atención á cultura galega, e nela apareceu a primeira recensión da novela Adolescencia de Otero Pedrayo, de Sempre en Galiza de Castelao, e Proceso a Jacobusland de Emilio Pita. Publicáronse corenta números e cesou a súa edición en novembro de 1945. Foi continuada por Cabalgata editada por Luís Seoane e Lorenzo Varela. Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires