O verbasco<ref>Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref> ou chopoNome vulgar en galego en Portal das Palabras - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=320713&sinom=0 Verbascum thapsus, é unha especie da familia Scrophulariaceae natural de Europa, Asia occidental, África, América do Norte e o Himalaia, medra en terreos incultos, noiros e pradeiras secas.
miniatura|240px|Detalle da flor. miniatura|240px|Ilustración.
Descrición É unha planta herbácea bienal que acada 2 m de altura. Talo erecto ramificado e con lanuxe. As follas de até 50 cm de longo son ovais lanceoladas, alternas, aveludadas cunha peluxe branca ou prateada, formando unha roseta basal o primeiro ano. Durante o segundo ano érguese un único talo floral de 1 a 2 m de altura, este remata nunha inflorescencia, constituída por un acio mesto con numerosas flores de cor amarela clara. As flores son pentámeras, case sésiles e con pedículos moi curtos (2 mm). Posúen cinco estames de dous tipos: tres superiores máis curtos con filamentos cubertos de vilosidades amarelas ou abrancazadas e anteras pequenas, mentres que os dous inferiores teñen filamentos glabros e anteras maiores, todos eles están fundidos aos pétalos. O cáliz é tubular de cinco lóbulos e unha corola de cinco pétalos, o último dos cales é de cor amarela clara e 2,5 cm máis estreito. O chopo produce pequenas cápsulas ovoides (6 mm) que se parten en dúas metades. Cada cápsula ten gran número de sementes miúdas de cor marrón (menos de 1 mm).
Propiedades As flores teñen un pigmento amarelo que xa utilizaban a mulleres romanas para pór os cabelos loiros. Expectorante utilizándose contra a asma e a bronquite. Os fomentos da planta utilízanse contra as hemorroides ou almorrás.
Taxonomía Verbascum thapsus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 177. 1753. Citoloxía Número de cromosomas de Verbascum thapsus (Fam. Scrophulariaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=36Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal. Fernandes, A., M. Queirós & M. F. Santos (1977) Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 37-90
EtimoloxíaVerbascum: nome xenérico que deriva do vocábulo latino Barbascum (barba), refiríndose á vilosidade que cobre a planta.thapsus: epíteto xeográfico que alude á súa localización en (Tapso, Italia) Sicilia.en Epítetos Botánicos Variedades Verbascum thapsus L. forma candicans House Verbascum thapsus L. subsp. neglectum (Guss.) Arcang. Verbascum thapsus L. var. glabrum Cariot & St.-Lag. Verbascum thapsus L. var. gymnostemon Rouy Verbascum thapsus L. var. pseudothapsiforme'' (Rapin) Rouy Sinonimia Verbascum alatum Lam., nom. illeg. Verbascum angustius Schrank ex Schrad. Verbascum bicolle F.W.Schmidt 1794 Verbascum bicolle Roem. & Schult. 1819 Verbascum blattaria J.A.Schmidt, nom. illeg. hom., non L. Verbascum canescens Jord. ex Boreau Verbascum decurrens Stokes Verbascum elongatum Willd., nom. illeg. hom., non Moench Verbascum indicum Wall. Verbascum intermedium Leman ex Roem. & Schult. Verbascum lanatum Gilib., nom. inval. Verbascum linnaei Opiz ex Bercht. et al. Verbascum majus Bubani Verbascum mas Garsault, nom. inval. Verbascum neglectum Guss. Verbascum officinarum Crantz Verbascum pallidum Nees Verbascum plantagineum Moris Verbascum pseudothapsiforme Rapin Verbascum salgirensis Soldano Verbascum schraderi G.Mey. Verbascum simplex Hoffmanns. & Link Verbascum spectabile Salisb., nom. illeg. Verbascum subalpinum Schur Verbascum tapsus Neck. Verbascum thapsiforme Guss., nom. illeg. hom., non Schrad. Verbascum thapsoides Schrank ex Schrad., nom. illeg. hom., non L. Verbascum thapsum St.-Lag., nom. illeg. hom., non L. Verbascum visianianum Rchb.f.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Microfotografías de Common Mullein Bibliografía de V. thapsus
Categoría:Verbascum Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora de América Categoría:Flora de Oceanía Categoría:Taxons descritos por Linné