Emilio Sobrín Arias, nado en León, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria Comezou xogando en varios equipos de Bembibre, pasando logo ao Atlético Bembibre e ao La Bañeza. En 1955 xogou no Recreativo Europa Delicias, filial do Valladolid e ao ano seguinte no Club Deportivo San Pedro de Ponferrada.

En 1958 chegou ao Deportivo da Coruña, en Segunda División, debutando o 30 de novembro contra o Sestao. Estivo tres anos no club coruñés, sendo cedido á Ponferradina na primeira metade da tempada 1960/61. Volveu na tempada seguinte á Ponferradina, onde xogou varios anos cun breve paréntese no que xogou na Cultural Leonesa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Futbolistas de España Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa