Espot Esquí é unha estación de esquí do Pireneo Catalán, situada no municipio de Espot, na provincia de Lleida.
Descrición A estación está situada na comarca do Pallars Sobirà, nunha das vías de entrada ao Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici, preto dunha zona con moitos lagos de orixe glacial. As pistas orientadas ao nordés están rodeadas de bosque.
Servizos Conta cos servizos habituais neste tipo de instalacións, dende restaurantes, cafetarías, escola de esquí, alugueiro de material etc.
Así mesmo dispón dunha zona para os máis pequenos, cun telebaby e diferentes elementos para que estes mozos aprendan este deporte e en constante coidado de persoal especializado.
En verán, pódense realizar outros moitos deportes como ráfting, parapente, hípica, descenso de canóns, sendeirismo ou piraguas.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Estacións de esquí de Cataluña