Xabier Paya Ruiz, nado en Getxo en 1982, é un bertsolari e tradutor vasco, coordinador cultural da candidatura a Capital Europea da Cultura Donostia 2016."Xabier Paya encabeza la nueva dirección colegida y provisional de la Capitalidad" Diario Vasco, 4 de abril de 2014

Traxectoria Formouse como bertsolari con Jon LopategiEntrevista a Xabier Paya, Euskonews. Estudou tradución e interpretación na Universidade do País Vasco. Como bertsolari participou en gran número de competicións, gañando o Campionato de Biskaia de 2006. Foi lector de éuscaro e cultura vasca na Universidade de Birmingham"El bertsolari y traductor Xabier Paya, lector de Euskera y Cultura Vasca en la Universidad de Birmingham" Euskalkultura.com, 13 de outubro de 2010. É autor"Ahozko Euskal Literaturaren Antologia liburuaren aurkezpena: infinitoaren laburpena" sustatu.com, 12 de febreiro de 2014 dunha antoloxía da literatura oral vasca, Ahozko Euskal Literaturaren Antologia (2013). Entre as súas traducións ao éuscaro salientan as de Un tranvía de nome desexo (Desio izeneko tranbia, 2005) de Tennessee Williams, Peter Pan e a levita escarlata (Peter Pan eta jaka eskarlata, 2006) de Geraldine McCaughrean e La vida es sueño (Bizitza amets, 2013) de Pedro Calderón de la Barca.

Notas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Bertsolaris Categoría:Tradutores ao éuscaro Categoría:Nados en Getxo Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco