O pazo de Montes Claros é unha construción rural situada en Montes Claros (Vilaño, A Laracha).
Características
Está formada pola vivenda, capela, hórreo, cuberto, pombal e os terreos cinguidos por un muro de pedra. Fronte ao pazo hai un cruceiro. O edificio principal é de planta rectangular e ten dúas alturas. No interior do pazo hai a pequena capela de San Xiao, para actos relixiosos da familia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pazos de Galicia
Montesclaros Categoría:A Laracha