Non confundir coa Fonte dos Cabalos das Pratarías en Santiago de Compostela.

Os cabalos é un monumento de bronce de Juan Oliveira Viéitez ergueito en 1991 e situado na cidade de Vigo. Atópase no medio e medio da glorieta da Praza de España, onde antes houbo unha fonte circular con chafarices alumeados con diferentes cores, e anteriormente, para o mesmo deseño da glorieta, erguíase o pétreo Monumento aos heroes da Reconquista, obra do escultor Julio González Pola, que hoxe preside a peonil Praza da Independencia da mesma cidade.

Descrición O grupo escultórico feito en bronce negro forma unha especie de espiral metálica ascendente que acada os 18 metros de altura, pola que ruben cinco grandes cabalos, o superior apoiado nas dúas patas traseiras no cumio da escultura. Pola espiral baixa unha fervenza de auga que cae nun encoro de 10 metros de diámetro e forma a fonte; arrodéase cun sinxelo xardín formado por céspede e unhas sebes que agochan os focos que alumean a fonte á noite. O conxunto pesa 40 toneladas e sitúase sobre un paso inferior para o tránsito rodado da Gran Vía, polo que houbo que reforzar moito o forxado para que o chan ature o peso.

O sentido da escultura é unha homenaxe ás bestas bravas que poboan os montes de Vigo (como as que moraban no achegado Monte do Castro)Os cabalos na páxina do Concello de Vigo..

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos O rapto de Europa (Oliveira) Ligazóns externas Cerimonia de inauguración na web da RTVG

Categoría:Fontes de Galicia Categoría:Monumentos de Vigo